Ashleigh Barty, nada en Ipswich, Queensland, o 24 de abril de 1996, é unha ex xogadora de tenis e antiga xogadora de crícket australiana. Chegou ao número un do mundo individual da Women's Tennis Association (WTA), sendo a segunda australiana que o logrou tras Evonne Goolagong Cawley. Tamén chegou a estar entre as cinco mellores do mundo en dobres. Barty gañou sete títulos individuais do WTA Tour, incluído un título de Roland Garros.
Barty é unha xogadora de todas as superficies, que emprega unha ampla variedade de golpes no seu estilo de xogo. A pesar das súa curta estatura para unha xogadora de tenis profesional, ten un servizo excelente. Barty actúa como Embaixadora Nacional Indíxena do Tenis para Tennis Australia.
Traxectoria Barty naceu en Ipswich en Queensland e comezou a xogar ao tenis con catro anos preto en Brisbane. Tivo unha carreira júnior prometedora, acadando o número dous do mundo tras gañar o título individual de nenas en Wimbledon en 2011. De adolescente, Barty tivo un éxito temperán en dobre no WTA Tour de 2013, chegando á final de tres torneos do Grand Slam coa veterana Casey Dellacqua, incluído o Aberto de Australia con dezaseis anos. Posteriormente, na temporada de 2014 decidiu tomar un descanso indefinido do tenis, pasando a xogar ao crícket. Asinou un contrato co Brisbane Heat para a temporada inaugural da Women's Big Bash League, sen recibir antes adestramento nese deporte.
Barty volveu ao tenis a principios de 2016. Revelouse como xogadora individual en 2017, gañando o seu primeiro título da WTA, o Malaysian Open, que lle valeu para chegar ao número 17 da clasificación sen chegar a estar entre as cen primeiras antes do seu tempo fóra do tenis.
O 23 de marzo de 2022 anunciou que abandonaba a práctica profesional do tenis á idade de 25 anos e sendo a número un da WTA.
Torneos de Grand Slam Individual Títulos (3) Ano |width="175"|TorneoOpoñente na final |width="130"|Resultado 2019 Roland Garros Markéta Vondroušová 6-1, 6-3 2021 Wimbledon Karolína Plíšková 6–3, 6–7(4–7), 6–3 2022 Aberto de Australia Danielle Collins 6–3, 7–6(7–2)
Dobres Títulos (1) Ano |width="175"|TorneoParella |width="200"|Opoñentes na finalResultado |- bgcolor="#FFFFCC" | 2018 || Aberto dos Estados Unidos Coco Vandeweghe Tímea Babos Kristina Mladenovic 3-6, 7-6(2), 7-6(6)
Finalista (5) Ano |width="175"|TorneoParella |width="200"|Opoñentes na finalResultado |-bgcolor="#CCCCFF" | 2013 || Aberto de Australia Casey Dellacqua Sara Errani Roberta Vinci 2-6, 6-3, 2-6 2013 Wimbledon || Casey Dellacqua || 20px|border|link= Su-Wei Hsieh Shuai Peng || 6-7(1), 1-6 |-bgcolor="#FFFFCC" | 2013 || Aberto dos Estados Unidos Casey Dellacqua Andrea Hlaváčková Lucie Hradecká 7-6(4), 1-6, 4-6 2017 Roland Garros || Casey Dellacqua || Bethanie Mattek-Sands Lucie Šafářová || 2-6, 1-6 |-bgcolor="#FFFFCC" | 2019 || Aberto dos Estados Unidos Victoria Azarenka Elise Mertens Aryna Sabalenka 5-7, 5-7
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ashleigh Barty stats on My Cricket
Categoría:Nados en Queensland Categoría:Nados en 1996 Categoría:Tenistas femininas de Australia Categoría:Xogadores de crícket Categoría:Campións do Roland Garros Categoría:Australianos de ascendencia aborixe Categoría:Australianos de ascendencia inglesa Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Australia Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Tenistas olímpicos de Australia Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2020