300px|miniatura|Esquema da valva esquerda dun bivalvo

O umbo, ou umbón, é o vértice, a parte máis antiga das valvas dos moluscos bivalvos, situado nas proximidades do ligamento (estrutura que une ambas as valvas).

Etimoloxía Os termos umbo e umbón derivan do latín umbus, -onis, "a parte central prominente do escudo dos lexionarios".Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo 2 (I-Z). Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-078-3.

Características miniatura|300px|Diagrama da cuncha dun bivalvo viestadesde o lado dorsal. 1: Plano de simmetría. 2: Liñas de crecemento. 3: Ligamento. 4: Umbo.

O umbo é a parte máis elevada de cada valva da cuncha dun molusco bivalvo (tamén está presente nos univalvos). Normalmente contén o pico da valva, que é o punto máis antigo dela, e o seu grao de relevancia e a súa posición respecto á liña da charneira son ás veces útiles para distinguiren taxons de bivalvos.Brink, Laura A.: Mollusca: Bivalva (PDF). University of Oregon.

O umbo fórmase mentres o animal é xuvenil e o crecemento radial continúa posteriormente por esa área. O umbo sitúase por encima da liña da charneira. Nos bivalvos nos que os umbos non sobresaen, como é o caso dalgúns mexillóns, os umbos poden, aínda así, identificarse facilmente examinando as liñas de crecemento concéntricas da cuncha.

O termo umbo tamén se usa nas descricións anatómicas dos braquiópodos como o lugar de orixe do crecemento das súas valvas.

Tipos de umbos Os umbos poden estar situados de diversas maneiras, recibindo adxectivos particulares:Linder, Gert (1983): Moluscios y caracoles de los mares del mundo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-308-3, pp. 92-93. Moitas veces os umbos están inclinados cara a adiante (umbos prosoxiros). Moitas outras están disoistos cara a atrás (umbos opistoxiros). Poden tamén estar dispostos verticalmente (umbos ortoxiros). Ás veces poden, raramente, estar apenas afastados entre si, como no xénero Arca.

Tamén se denomina umbo o lugar onde se encontra a prodissoconcha, a cuncha rudimentaria ou embrionaria, na cal se inicia o desenvolvemento dun molusco bivalvo.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Bivalvos