Los niños invisibles é un filme dramático colombiano de 2001 dirixido e escrito por Lisandro Duque Naranjo e protagonizado por Guillermo Castañeda, Ingrid Cielo Ospina, Gustavo Camacho, Gustavo Angarita e Marcela Valencia. O filme gañou o premio especial do xurado no sexto festival internacional de cinema para a infancia en Montreal, Canadá no 2002 e o premio ó mellor guión no quinto festival internacional de cinema para a infancia e a mocidade en Olimpia, Grecia, tamén en 2002."Los niños invisibles" Proimágenes Colombia. Consultado o 15 de abril de 2018."Los niños invisibles" Ficha do filme en Filmaffinity. Consultado o 15 de abril de 2018. Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Tres nenos están obsesionados coa idea de volverse invisibles, até o punto que realizan un estraño ritual no que deben sacrificar varios animais e dirixirse a media noite a un cemiterio para que as forzas da escuridade os fagan invisibles para o ollo humano.

Personaxes Guillermo Castañeda como Rafael Ingrid Cielo Ospina como Martha Cecilia Gustavo Angarita como Fernando Gustavo Camacho como Fernando Juvenal Camacho como Gonzalo Inés Prieto como a nai de Rafael Hernando Montenegro como o pai de Rafael Carolina Vivas como a nai de Martha Cecilia Marcela Valencia como a nai de Gonzalo Álvaro García Trujillo como o pai de Gonzalo María Angélica Rengifo como a irmá de Gonzalo Martha Osorio como a nai de Fernando

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes dirixidos por Lisandro Duque Naranjo