Pitirim Alexandrovich Sorokin (en ), nado en Turya (gobernación de Vologda) o e finado en Winchester (Massachusetts) o 10 de febreiro de 1968 foi un sociólogo e activista político ruso-estadounidense, que contribuíu á teoría do ciclo social.

Traxectoria Pitirim Alexandrovich Sorokin naceu o nunha pequena poboación do uezd de Yarensk, no Imperio Ruso (actualmente no distrito de Knyazhpogostsky en Rusia), segundo fillo de pai ruso e nai komi. O pai de Sorokin, Alexander Prokopievich Sorokin, era de Veliky Ustyug e era un ourive viaxeiro especializado en ouro e prata, mentres que a súa nai, Pelageya Vasilievna, era nativa de Zheshart e pertencía a unha familia campesiña. O seu irmán máis vello, Vasily, naceu en 1885, e o seu irmán máis novo, Prokopy, naceu en 1893. A nai de Sorokin faleceu o 7 de marzo de 1984 na aldea de Kokvitsa, e tralo seu falecemento os dous irmáns máis vellos seguiron co pai, vaiaxando por lugares na procura de traballo, mentres que Prokopy foi levado coa súa tía Anisya Vasilievna Rimsky, que vivía co seu marido, Vasily Ivanovich, na aldea de Rimia.

Pitirim e o pai do seu irmán desenvolveron alcoholismo. A causa diso, o pai tiña ansiedade grave e ataques de pánico ata o punto de que abusaba fisicamente dos seus fillo. Tras bater tan forte nel que deixou unha cicatriz no beizo superior de Pitirim, os dous irmáns decidiron que querían ser independentes e non seguir baixo o coidado do pai.

A principios da década de 1900, manténdose como artesán e dependente, Sorokin asistiu á Universidade Imperial de San Petersburgo, onde obtivo un grao en criminoloxía e se converteu en profesor.Allen Phillip, J. (1963). Pitirim A. Sorokin in Review. Durham N.C. Duke University Press

Sorokin era anticomunista, e durante a revolución rusa foi membro do Partido Socialista Revolucionario, que apoiaba o Movemento Branco, e secretario do primeiro ministro Aleksandr Kerenskii, lídera da Asemblea Constituínte Rusa. Despois da Revolución de Outubro, Sorokin continuou a enfrontarse cos líderes comunistas e foi arrestado varias veces polo novo réxime antes de ser finalmente condenado a morte. Tras seis semanas no cárcere, Sorokin foi liberado e volveu dar clases na Universidade de San Petersburgo, sendo o fundador do departamento de socioloxía dese universidade.

Sorokin era un líder entre os demócratas ata a revolución, e foi perseguido polas forzas de Lenin logo de que este consolidase o seu poder. Tras meses oculto, escapou da Unión Soviética en 1922 e exiliouse aos Estados Unidos en 1923. En 1930 converteuse en cidadán estadounidense. Sorokin foi requirido persoalmente a aceptar un posto na Universidade Harvard, fundando o Departamento de Socioloxía e converténdose un crítico do seu colega Talcott Parsons.Jeffries, Vincent. "Sorokin, Pitirim," Encyclopedia of Social Theory. California: Sage Publications.En "Fads and Foibles", Sorokin acusa a Parsons de tomar prestado o seu traballo sen o seu consentimento.

Sorokin foi profesor de socioloxía na Universidade de Minnesota entre 1924 e 1940, cando acteptou unha oferta dun posto polo presidente da Universidade Harvard, onde continuou a traballar ata 1959. Unha das súas alumnas foi a escritora Myra Page.

Vida persoal miniatura|esquerda|Imaxe de Pitirim Sorokin e a súa esposa cos seus dous fillos en 1934. Sorokin casou coa doutora Helen Baratynskaya, con quen tivo dous fillos, Peter e Sergey. O seu fillo Peter P. Sorokin coinventou o láser de corolante.

Sorokin sufriu unha grave doenza, e tras loitar con ela durante dous anos, faleceu o 10 de febreiro de 1968, aos 79 anos, en Winchester, Massachusetts. Na súa casa realizouse un servizo ortodoxo ruso, seguido dun servizo ecléctico na Memorial Church of Harvard University.Sergei P. Sorokin, "Life With Pitirim Sorokin: A Younger Son's Perspective ".

Os documentos de Sorokin consérvanse na Universidade de Saskatchewan en Saskatoon, Canadá, dispoñibles para o público. En marzo de 2009 estableceuse o Sorokin Research Center nas instalacións da Universidade Estatal de Syktyvkar en Syktyvkar, República dos Komis, co obxectivo de investigar e publicar os materiais do arquivo, principalmente da colección da Universiade de Saskatchewan. O primeiro proxecto de investigación, "Selected Correspondence of Pitirim Sorokin: Scientist from Komi on The Service of Humanity", en ruso, imprimiuse no outono de 2009 en Rusia.

Obras principais Contemporary Sociological Theories (1928), Nova York: Harper. Principles of Rural-Urban Sociology (1929, con Carle C Zimmerman) Nova York : H. Holt. Preface: "a summary of Source book in rural sociology," in three volumes, prepared under the auspices of the U.S. Dept. of Agriculture and the University of Minnesota, to be published in 1930 or 1931"WorldCat item record The Sociology of Revolution (1935) OCLC 84193425. FReprint, H. Fertig, 1967.WorldCat item record Social and Cultural Dynamics (1937–1941), Cincinnati: American Book Company, 1937–1941. 4 vols. The Crisis of Our Age (1941), Nova York : Dutton, 1941 "Based upon four volumes of the author's Social and cultural dynamics."worldCat item record Society, Culture, and Personality: Their Structure and Dynamics, A System of General Sociology (1947), Harper & Brothers Publishers: Nova York & Londres. (723 double columned pages plus an 11 triple coumned page Index and a 7 triple columned page Index of Names) Leaves From a Russian diary, and Thirty Years After (1950), Boston: Beacon Press. OCLC 1476438 (con introdución de Stephen G. Post na edición de 2002) (552 páxinas) Fads and Foibles in Modern Sociology and Related Sciences (1956), Chicago:, H. Regnery Co. OCoLC 609427839. Reimpreso por Greenwood Publishing Group, 1976, .

(con Lunden, W. A.), Power and Morality: Who Shall Guard The Guardians? (1959), Boston, MA: Porter Sargent Publishers. A Long Journey: the Autobiography of Pitirim A. Sorokin (1963) College and University Press, LC 426641. Hunger As a Factor in Human Affairs (1975), University Presses of Florida.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Cuzzort, R. P. and King, E. W. (1995), Twentieth-Century social thought (5th ed.). Nova York, NY: Harcourt Brace College Publishers. Gambescia, C. (2002), Invito alla lettura di Sorokin. Roma, Italia: Edizioni Settimo Sigillo. Johnston, B.V (1995). Pitirim A. Sorokin an Intellectual Biography . Lawrence, KS: University Press of Kansas.

Yuri Doykov (2008–2009), Pitirim Sorokin: The Man Out of Season — A Biography Doykov Yuri (2009), Pitirim Sorokin in Prague, Archangelsk. 146 páxinas Doykov Yuri (2009), Pitirim Sorokin, Minneapolis (Minnesota) - Archangelsk. 184 páxinas

Ligazóns externas

Categoría:Nados na República dos Komis Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Sociólogos de Rusia Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo