Swervedriver é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Oxford en 1989 ao redor dos membros principais Adam Franklin e Jimmy Hartridge. Entre 1989 e 1998 a banda publicou catro álbums de estudio e numerosos EPs e sinxelos, a pesar de pasar por varias formacións, representantes e selos. En 1993 a banda estableceu unha formación composta por Franklin nas voces e na guitarra, Hartridge na guitarra, Jez Hindmarsh na batería, e Steve George no baixo. Emerxeu cun son máis pesado que o dos seu contemporáneos shoegaze, e durante os seguinte cinco anos evolocionou incluíndo elementos de psicodelia, pop clásico e indie rock.

Problemas coa discográfica e a diminución do interese dentro do grupo levaron á súa separación a finais de 1998. Unha década despois Swervedriver reuniuse e xirou periodicamente nos seguintes cinco anos, editando o seu primeiro material en 15 anos co sinxelo de 2013 "Deep Wound". Dende entón a banda publicou dous álbums máis, I Wasn't Born to Lose You en 2015 e Future Ruins en 2019, co batería Mikey Jones e o baixista Mick Quinn, membros da banda ao vivo, uníndose permanentemente ao grupo.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloRaise1991Creation Records, A&M Records, Shock RecordsMezcal Head1993Creation Records, A&M Records, Sony Music EntertainmentEjector Seat Reservation1995Creation Records, Sony Music Entertainment99th Dream1998Zero Hour Records, Sonic Wave Discs, Shock RecordsI Wasn't Born to Lose You2015CobrasideFuture Ruins2019Dangerbird Records, Rock Action Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais do condado de Oxfordshire Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais formados en 1989