A Universidade de Lund (en sueco Lunds universitet; en latín, Universitas Lundensis) é unha das máis antigas e prestixiosas Universidades do norte de Europa e está considerada entre as 100 mellores universidades do mundo.Shanghai Jiao Tong University's Academic Ranking of World Universities
Historia miniatura|Busto de Anders Jahan Retzius diante do edificio principal da Universidade de Lund. A súa orixe remóntanse ao ano 1425, cando un Studium Generale franciscano foi fundado a un costado da Catedral de Lund,A Brief History of Lund University o que a converteu na institución de educación superior máis antiga de Escandinavia, seguida pols Studia Generalia de Uppsala en 1477 e de Copenhague en 1479.
Porén, a Universidade na súa forma actual non foi fundada senón até 1666, despois de que Suecia adquirira a rexión de Escania en 1658 tras un acordo de paz asinado con Dinamarca.
Na actualidade A Universidade de Lund conta con oito facultades e dous campus externos situados nas cidades de Malmö e Helsingborg, cunha poboación estudantil de ao redor de 42 000 estudantes distribuídos en 276 programas e de 2 200 cursos.
A Universidade mantén acordos e relacións internacionais con cerca de 600 outras Universidades en máis de 70 países, e pertence á Liga de Universidades de Investigación Europeas, así como á rede global Universitas 21.
Posúe dúas importantes instalacións para a investigación en materiais: o Laboratorio MAX IV, un laboratorio de radiación sincrotrón líder a nivel mundial e a Fonte Europea de Neutróns por Espalación (ESS), unha instalación da Comunidade Europea que aloxará a fonte de neutróns máis poderosa do mundo.
A sede central da Universidade e os seus edificios máis tradicionais concéntranse ao redor do parque Lundagård (adxacente é Catedral de Lund), con departamentos repartidos en diferentes situacións da cidade pero que, na súa maioría, están nunha franxa que vai desde o parque cara ao norte, conectando coa zona do hospital universitario e continuando até o campus da Facultade de Enxeñaría na periferia nordeste da cidade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio Oficial da Universidade de Lund .
Categoría:Universidade de Lund