Burst Apart é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock The Antlers, publicado o 10 de maio de 2011 a través do selo Frenchkiss Records, e de Transgressive Records no Reino Unido, Europa e o Xapón. O disco puido escoitarse en streaming na páxina da National Public Radio a partir do 24 de abril de 2011. A portada foi deseñada por Zan Goodman, que tamén deseñou a portada do seu anterior traballo, Hospice.
O tema "Parentheses" foi publicado como un sinxelo de iTunes o 5 de abril de 2011.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Antlers Categoría:Álbums musicais de 2011 Categoría:Álbums de Frenchkiss Records Categoría:Álbums de Transgressive Records