Verses of Comfort, Assurance & Salvation é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie pop Au Revoir Simone, publicado o 23 de marzo de 2005 a través do propio selo do grupo, Our Secret Record Company. Posteriormente foi lanzado en Europa o 31 de outubro por Moshi Moshi Records, e despois por Rallye Label no Xapón.
Os membros da banda gravaron o álbum nunha cabina de ducha nun soto que pertencía ao seu representante, Rod Sherwood, que converteu a cabina nun lugar para gravar voces coa axuda dun feixe de edredóns. "Through the Backyards" foi a primeira canción en ser lanzada como sinxelo.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Au Revoir Simone Categoría:Álbums musicais de 2005 Categoría:Álbums de Moshi Moshi Records