miniatura|0x0px|Células CaCo-2 vistas con microscopio de contraste de fase cun aumento de 100X. As células Caco-2 desta imaxe estiveron en cultivo durante 21 días, durante os cales creceron, confluíron e epitelizáronse. As células Caco-2 son unha liña celular inmortalizada de células de adenocarcinoma colorrectal epitelial humanas heteroxéneas, desenvolvidas no Sloan-Kettering Institute for Cancer Research en investigacións dirixidas por Jorgen Fogh.Fogh J and Trempe G in Human Tumor Cells In Vitro (J. Fogh, ed.), Plenum, 1975, 115-141

Historia

A aplicación das células Caco-2 en investigación empezounas a finais da década de 1980 Ismael Hidalgo, que traballaba no laboratorio de Ron Borchardt na Universidade de Kansas, e por Tom Raub, que traballaba na Upjohn Company. Hidalgo seguiu os seus labores nas compañías SmithKline Beecham e Rhone-Poulenc Rorer, e despois continuou cofundando unha compañía, Absorption Systems, en 1996, onde permanece como xefe científico.

Características

Aínda que estas células derivan dun carcinoma de colon (intestino groso), cando se cultivan en condicións específicas as células diferéncianse e polarízanse de modo que os seus fenotipos, morfolóxica e funcionalmente, lembran os enterocitos que tapizan o intestino delgado. As células Caco-2 expresan unións herméticas, microvilosidades e varios enzimas e transportadores que son característicos de tales enterocitos: peptidases, esterases, P-glicoproteína, transportadores de captación de aminoácidos, ácidos biliares, ácidos carboxílicos etc.

Aplicacións en investigación

Cando se ollan microscopicamente os cultivos de células Caco-2, é evidente incluso mediante a simple inspección visual que as células son heteroxéneas. Co paso dos anos as características das células usadas en diferentes laboratorios do mundo foron diverxendo substancialmente, o que fai difícil comparar resultados entre laboratorios. Malia esa heteroxeneidade, as células Caco-2 teñen aplicacións en estudos de invasión celular, investigación de transfección viral, e transporte de lípidos.

As células Caco-2 non son normalmente utilizadas como células individuais, senón como unha monocapa confluente nun filtro inserido nun cultivo celular (por exemplo, Transwell). Cando se cultivan neste formato, as células diferéncianse para formar un epitelio polarizado monocapa que proporciona unha barreira física e bioquímica ao paso de ións e pequenas moléculas. A monocapa de Caco-2 utilízase amplamente na industria farmacéutica como un modelo in vitro da mucosa do intestino delgado humano para predicir a absorción de fármacos administrados oralmente con diferents kits como CacoReady. Establecese ben a correlación entre a permeabilidade in vitro aparente (P¬app) nas monocapas de Caco-2 e a fracción absorbida in vivo (fa).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Cultivo celular Desenvolvemento de fármacos PAMPA - ensaio de permeabilidade non baseado en células

Ligazóns externas Entrada de Cellosaurus para Caco-2

Categoría:Liñas celulares