Alicyclobacillus acidocaldarius (antes chamado Bacillus acidocaldarius) é unha especie de bacteria grampositiva, estritamente aerobia. Estas bacterias son acidófilas, termófilas e producen endósporas. As primeiras cepas identificadas de A. acidocaldarius procedían de géysers do Parque Nacional de Yellowstone e terra de fumarola do Parque Nacional dos Volcáns de Hawai. A especie foi orixinalmente clasificada como Bacillus acidocaldarius en 1971, pero despois, novos estudos sobre o ARNr 16S atoparon que a especie era mellor clasificala no xénero de nova creación Alicyclobacillus. O nome da especie deriva do latín acidum, 'ácido', e caldarius 'da calor', referíndose aos ambientes ácidos e de alta temperatura dos que foi illado. Thomas D. Brock foi un dos investigadores que primeiro categorizaron varias especies termófilas; o seu descubrimento de Thermus aquaticus permitiu a outros investigadores descubrir a Taq polimerase e a reacción en cadea da polimerase (PCR).Brock, Thomas D. "The value of basic research: discovery of Thermus aquaticus and other extreme thermophiles." Genetics 146, no. 4 (1997): 1207.
Unha cepa de A. acidocaldarius foi illado de solos quentados termicamente do Mount Rittmann na Antártida.
A. acidocaldarius está entre as primeiras tres especies reclasificadas desde o xénero Bacillus, onde estaban inicialmente clasificados, ao xénero de nova creación Alicyclobacillus en 1992, xunto con A. acidoterrestris e A. cycloheptanicus.
A temperatura de crecemento óptima para A. acidocaldarius é 60-65 °C, e pode crecer no intervalo 45-70 °C. O pH óptimo é 3,0-4,0, e pode crecer entre o pH 2,0-6,0.
Notas
Categoría:Bacillales