Lorens Münter Philipson (Philipsen), latinizado Laurentius Münter Philipsson, nado o 17 de marzo de 1765 en Ystad, condado de Escania, e finado o 3 de novembro de 1851, Storkyrkoförsamlingen, condado de Estocolmo, foi un médico, malacólogo, xornalista e escritor sueco.Lorens Münter Philipson (Philipsen) en Svenskt biografiskt lexikon (SBL) (Dicionairio biográfico sueco) .
Traxectoria Philipson comezou a estudar en Lund en 1782, acadando o título de doutor en medicina na Universidade de Lund en 1791. No mesmo ano, mudouse a Estocolmo, onde coñeceu a Thomas Thorild, que o introduciu nas novas ideas da Revolución francesa, facéndose escritor.
Entre 1792 e 1794 Philipson publicou o xornal Patrioten (O Patriota), no que difundía opinións radicais e mesmo comunistas. En 1792 foi nomeado profesor adxunto de Anatomía na Real Academia de Belas Artes, renuciando a este cargo en 1798. Por mor das súas publicacións, tivo que loitar en varias ocasións coa censura. Philipson impúxose contra o seu competidor, Jöns Jacob Berzelius en 1806 e foi nomeado secretario do Collegium Medicum, cargo que ocupou até 1835.
Taxons descritos por Philipson Perna Philipsson, 1788 Unio crassus Philipsson, 1788 Unio tumidus Philipsson, 1788
Abreviatura A abreviatura Philipsson emprégase pare recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biographie im Projekt Runeberg . Philipson, Lorens Münter, en CERL Thesaurus (Consortium of European Research Libraries). Publicacións de ou sobre Lorens Münter Philipson.
Categoría:Científicos de Suecia Categoría:Médicos de Suecia Categoría:Zoólogos de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Lund Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados en 1765 Categoría:Nados no condado de Escania Categoría:Finados en 1851