Perna perna é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos,Perna perna (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultada o 5 de xaneiro de 2020 unha das tres que integran o xénero Perna.Perna Philipsson, 1788 no WoRMS. Consultada o 5 de xaneiro de 2020.
A especie apáñase como fonte de alimento, pero sábese que alberga toxinas e causa danos nas estruturas mariñas.
É orixinaria das augas de África, Europa e América do Sur, e introduciuse nas augas de Norteamérica.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linnaeus na páxina 671 do volume 1 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Mya perna.
Sinónimos Ademais de seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Melina perna (Linnaeus, 1758) Mya perna Linnaeus, 1758 (protónimo) Mytilus achatinus Lamarck, 1819 Mytilus afer Gmelin, 1791 Mytilus africanus Fischer von Waldheim, 1807 Mytilus africanus var. mauretanica Pallary, 1900 Mytilus africanus var. mauretanicus Pallary, 1900 Mytilus elongatus Fischer von Waldheim, 1807 Mytilus irisans Jousseaume, 1888 Mytilus magellanicus Röding, 1798 Mytilus perna (Linnaeus, 1758) Mytilus perna var. trigona Krauss, 1848 Mytilus pictus Born, 1778 Mytilus variegatus Röding, 1798 Mytilus versicolor Gmelin, 1791 Perna africana var. mauretanica Pallary, 1900 Perna africana var. tingitana Pallary, 1900 Perna indica Kuriakose & Nair, 1976 Perna magellanica Philipsson, 1788 Perna perna f. picta (Born, 1778) Perna picta (Born, 1778)
Características miniatura|250px|Vista das valvas (interna e externa) de Perna perna. Perna perna mide normalmente 90 mm de lonxitude, aínda que pode chegar a chegar a tamaños de até os 120 mm. Este mexillón recoñécese facilmente pola cor parda do exteror das valvas, pero a súa característica identificadora é a "cicatriz do músculo retractor posterior dividido".
Especies similares son Mytilus galloprovincialis e Choromytilus meridionalis. O primeiro ten forma e cor semellantes e comparte o seu hábitat nativo na costa suroeste de África.Perna perna (Linnaeus, 1758). Gulf States Marine Fisheries Commission. Consultado o 5 de xaneiro de 2020. M. galloprovincialis é máis resistente ás perturbacións humanas, como o seu uso para carnada cebos e o consumo humano, e compite con P. perna porque é máis resistente a certos parasitos. C. meridionalis ten forma e tamaño similares, aínda que carece do distintivo da marca do músculo posterior das valvas.
Perna perna tamén pode confundirse coa especie de cor parda verdosa Perna viridis, xa que a súa cor e a forma da cuncha poden cambiar en función das condicións ambientais.
Distribución e hábitat miniatura|250px|Acumulación de cunchas de Perna perna nunha praia de Suráfrica. Perna perna é orixinaria das rexións tropicais e subtropicais do océano Atlántico. Atópase en augas fronte á costa oeste de África e na costa de América do Sur até o Caribe. Introduciuse accidentalmente como unha especie invasora na costa de Texas a través dos cascos de barcos, e dos lastres de auga en Venezuela. A súa distribución inclúe Chile, Perú e Suráfrica.
A especie coloniza naturalmente as costas rochosas, pero tamén pode adherirse a obxectos mergullados creados polo home, como boias de navegación, plataformas petrolíferas e buques afundidos. Os espécimes adultos poden tolerar intervalos de temperatura de 10 a 30 °C, e un rango de salinidade de 15 a 50 ppt (partes por billón, do inglés trillion, 10−12). A súa colonización de substratos duros mellora a ecoloxía mariña da superficie. A colonización aumenta a superficie, fomentando que tamén se establezan outros organismos mariños como lapas, poliquetos, percebes, cornos e algas.
Bioloxía Reprodución Este mexillón reprodúcese mediante fecundación externa, entre maio e outubro, aínda que tamén se di que ocorre en decembro. Os dous sexos liberan os gametos á auga, e despois da fecundsción prodúcense larvas velixer. Quince horas despois da fecundación, as larvas teñen as glándulas do biso ben desenvolvidas. De dez a doce días despois da fecundación, as larvas sofren metamorfose e segregan fíos de biso, instalándonse entón en superficies rochosas.
Nutrición Como todos os bivalvos é un organismo filtrador, alimentándose de fitoplancton, zooplancton e materia orgánica en suspensión.
Inimigos É atacado polo parasito Proctoeces maculatus e por un trematodo non identificado que castra a ambos os sexos. Na costa africana é presa de Nucella cingulata, lagostas, polbos, gaivotas e da gabita surafricana Haematopus moquini. Na costa de Suramérica, é un alimento para Callinectes danae, Cymatium parthenopeun, Chicoreus brevifrons, Stramonita haemastoma e Menippe nodifroms.
Importancia para os humanos Perna perna recóllese como fonte de alimento en África e América do Sur. Este bivalvo considérase para o cultivo xa que pode crecer rapidamente até o tamaño comercial de 60 a 80 mm en só 6 ou 7 meses. Tamén se adapta ás rexións tropicais e subtropicais. Porén, este mexillón pode albergar a unha toxina procedente de dinoflaxelados consumidos. O seu consumo provocou gromos de intoxicación en Venezuela.
É coñecido que este mexillón se agrupa en cantidades tan grandes que é capaz de afundir boias de navegación. Tamén, ao igual que Perna viridis, pode obstruír canos de auga e equipos mariños. É menos resistente á cloración que Perna viridis e polo tanto é máis fácil de controlar. Porén, recoméndase que a concentración de cloro empregada para a cloración estea por riba do nivel de tolerancia de Perna viridis, o máis potente dos mexillóns que producen incrustaciós biolóxicas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184. Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics 28 (1): 32-115. Gosling, E. M. (2003): Bivalve Molluscs. Biology, Ecology and Culture PDF. Oxford, UK: EnglandFishing News Books (Blackwell Publishing). ISBN 0-8523-8234-0. Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata, vol. 1. Laurentius Salvius: Holmiae. Siddall S. E. (1980): "A clarification of the genus Perna". Bulletin of Marine Science 30: 858-870.
Outros artigos Bivalvos Pteriomorfios Mitílidos Perna
Ligazóns externas
Categoría:Mitílidos