electric eels (escrito con minúscula na honra de E. E. Cummings) foi unha banda estadounidense de protopunk, activa entre 1972 e 1975, formada por John D Morton en Cleveland, Ohio.
electric eels realizaron só cinco actuación públicas, pero durante a súa curta existencia gañáronse unha reputación a nivel local pola súa actitude furiosa e violenta. Destacaron por iniciar pelexas co público que atraeron a atención da policía. O seu estilo foi unha amálgama discordante e ruidosa de garage rock e free jazz. Stiv Bators, o vocalista de The Dead Boys, viuse particularmente influenciado polo estilo vocal e a posta en escena de Dave "E" McManus.
Aínda que a banda non fixo moitos concertos adoitaban a ensaiar con frecuencia e fixeron moitas gravacións que foron editadas moitos anos despois da súa disolución.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloHaving a Philosophical Investigation with The Electric Eels1989The Tinnitus Label, MustardGod Says Fuck You1991Homestead RecordsThe Eyeball of Hell2001Scat Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Cleveland, Ohio Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de protopunk Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de art punk Categoría:Grupos musicais formados en 1972