Manuel Rodríguez Lago, coñecido como Roxo, nado en Viveiro cara a 1913 e finado en L'Escampleru (Les Regueres) en 1937, foi un mineiro e sindicalista galego.
Traxectoria Mineiro. Secretario do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro da CNT e directivo do Sindicato Mineiro da Silvarosa. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou con Jesús Bellas Cao a requisa de armas e camións para a defensa da República. Fuxiu á zona leal e foi miliciano do Batallón Galicia. Foi xulgado en Lugo por rebelión militar e declarado en rebeldía ao estar fuxido. Morreu loitando co exército republicano na batalla de L'Escampleru.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos