Niklas Süle, nado o 3 de setembro de 1995 en Frankfurt, é un futbolista alemán. Xoga de defensa central para o FC Bayern München da Bundesliga. Ademais, é internacional coa selección alemá.
Traxectoria Süle comezou a xogar ó fútbol no Rot-Weiß Walldorf. En xullo de 2006, uniuse ás categorías inferiores do Eintracht Frankfurt, onde xogou ata o remate da tempada 2008-09. En xullo de 2009, asinou polo SV Darmstadt 98, e tan só medio ano máis tarde foise ás categorías inferiores do TSG 1899 Hoffenheim. O 11 de maio de 2013, Süle debutou co primeiro equipo do Hoffenheim, nun partido da Bundesliga contra o Hamburger SV, onde o Hoffenheim perdeu por 4-1.
O 15 de xaneiro de 2017, anunciouse a fichaxe de Süle polo FC Bayern München para xullo dese mesmo ano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Soccerway.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Futbolistas olímpicos de Alemaña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do TSG 1899 Hoffenheim Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Alemaña Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores do SV Darmstadt 98