Joshua Walter Kimmich, nado o 8 de febreiro de 1995 en Rottweil, é un futbolista alemán. Xoga de defensa e o seu actual club é o FC Bayern München da Bundesliga alemá.

Traxectoria Kimmich formouse nas categorías inferiores do VfB Stuttgart antes de asinar co RB Leipzig en xullo de 2013. Debutou na 3. Liga o 28 de setembro de 2013 no empate a 2-2 contra o SpVgg Unterhaching.

O 2 de xaneiro de 2015, Kimmich fichou polo FC Bayern München a cambio de 7 millóns de euros, e asinou un contrato por cinco anos. Debutou co Bayern o 9 de agosto de 2015, na primeira rolda da DFB-Pokal contra o FC Nöttingen.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en UEFA.com Perfil en Soccerway.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RB Leipzig‎ Categoría:Xogadores do FC Bayern München‎ Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026