Fatiha Boudiaf, nada en Orán o 28 de novembro de 1944, é unha activista alxeriana, viúva do antigo presidente Mohamed Boudiaf. Tralo seu asasinato en 1992, estableceu a Fundación Boudiaf para divulgar a mensaxe de paz do seu marido. Foi unha crítica da reclusión de Lambarek Boumaarafi, dicindo que unha conspiración maior estaba involucrada na morte do seu marido e pediu que se reabrise a investigación.

Morte de Mohamed Boudiaf Boudiaf era a segunda esposa do presidente alxeriano Mohamed Boudiaf. Denunciou a investigación oficial do asasinato do seu marido, suxerindo que non foi obra un fanático solitario, senón que formou parte dun plan maior. Intentou visitar a Lambarek Boumaarafi, o home que foi apresado polo homicidio, mentres estaba en prisión, mais a petición foi rexeitada polas autoridades.

Mantén a teoría de que a persoa que asasinou o seu marido se agachou baixo a mesa en fronte del e aínda non foi arrestado. En 2016, acusou catro antigos oficiais do exército do asasinato e enviou unha carta aberta ao antigo presidente Abdelaziz Bouteflika pedindo que se reabrise o caso.

Activismo Boudiaf estableceu a Fundación Boudiaf, pola que recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional en 1998. A fundación creouse en honra do marido de Boudiaf e intenta esparexer unha mensaxe de paz e educación para todos os habitantes de Alxeria. Cada ano, no aniversario do pasamento, celebra a súa vida.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fundación Príncipe de Asturias, Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional 1998

Categoría:Nados en Orán Categoría:Nados en 1944 Categoría:Activistas de Alxeria Categoría:Premios Princesa de Asturias de Cooperación Internacional Categoría:Parellas de xefes de estado e de goberno