Dersu Uzala. O cazadorProgramación de televisión (en ; en , Derusu Uzāra) é un filme soviético-xaponés de 1975 dirixido por Akira Kurosawa. Foi o seu primeiro filme rodado nunha lingua diferente ó xaponés e o único rodado en 70mm.
O filme baséase no libro de memorias de 1923 Dersu Uzala (que toma o seu nome do trampeiro Dersu Uzala) escrito polo explorador ruso Vladimir Arsenyev, e conta a exploración da rexión Sikhote-Alin ó longo de múltiples expedicións a comezos do século XX. Rodado case completamente en escenarios exteriores do arredado leste ruso, o filme conta a historia dun nativo dos bosques que está completamente integrado no seu medio, levando un estilo de vida que será inevitablemente destruído polo avance da civilización. Tamén trata sobre o respecto e a amizade profunda entre dous homes de orixes profundamente diferentes, e sobre a dificultade de afrontar a perda de forza e capacidades que provoca a vellez.
O filme gañou o Óscar de 1976 ó mellor filme en lingua non inglesa, o Premio de Ouro e o Premio FIPRESCI na 9ª edición do Festival Internacional de Cinema de Moscova entre outros galardóns. Vendeu arredor de 20,4 millóns de entradas na Unión Soviética e recadou 1,2 millóns de dólares nos Estados Unidos e no Canadá.
Foi estreado en galego na Televisión de Galicia o 23 de setembro de 2000.La Voz de Galicia, 23 de setembro de 2000. Páx. 70
Personaxes Yury Solomin como Vladimir Arsenyev Maxim Munzuk como Dersu Uzala Vladimir Kremena como Turtygin Alexander Pyatkov como Olenev Svetlana Danilchenko como Anna Suimenkul Chokmorov como Chzhan Bao
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da Unión Soviética propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 48ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1975 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes da Unión Soviética Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Akira Kurosawa Categoría:Filmes de Mosfilm Categoría:Filmes sobre supervivencia Categoría:Filmes ambientados en Rusia Categoría:Filmes ambientados en 1902 Categoría:Filmes ambientados en 1907 Categoría:Filmes ambientados en 1908 Categoría:Filmes ambientados en 1910 Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes de 1975 con versión en galego