Ainhoa Lameiro Rodríguez, nada en Salceda de Caselas o 21 de setembro de 2000, é unha deportista galega, que compite en piragüismo na modalidade de slálom.

En 2019 proclamouse subcampioa do mundo ao gañar a prata na proba de C1 por equipos do Campionato Mundial de Piragüismo en Slálom.

Traxectoria Iniciouse no piragüismo aos 12 anos e entrou no Club Piragüismo Penedo de Tui, primeiro na modalidade de pista e pouco despois en augas bravas. No seu segundo ano proclamouse campioa de España da súa franxa de idade e aos 14 anos entrou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, no que estivo catro anos

Participou en varios Europeos e Mundiais júnior logrando un bronce en 2018 xunto a Pau Echaniz no Mundial júnior en Ivrea (Italia), na categoría de C2 mixto. En 2019 competiu no Campionato Mundial sub-23 e debutou internacionalmente na categoría absoluta no Campionato Europeo celebrado en Pau, onde finalizou sétima no C1 feminino por equipos.

En setembro de 2019, no Campionato Mundial en La Seu d'Urgell, logrou a medalla de prata en C1 por equipos, xunto a Nuria Villarrubla e Klara Olazabal. Nese mesmo Mundial participou tamén en C2 mixto, xunto a Pau Echaniz, finalizando en oitava posición.

Palmarés internacional Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Competición 2019 La Seu d'Urgell Prata C1 por equipos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ainhoa Lameiro en CanoeResults.eu . Ainhoa Lameiro na web da Federación Internacional de Piragüismo .

Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Nados en Salceda de Caselas Categoría:Nados en 2000