Dear Catastrophe Waitress é o sexto álbum de estudio da banda escocesa de indie pop Belle & Sebastian, publicado o 6 de outubro de 2003 a través do selo Rough Trade Records. Trevor Horn, antigo membro de The Buggles e produtor de grupos como Yes e Frankie Goes to Hollywood, supervisou a produción do álbum, dándolle un son máis puído e pop, contrastando enormemente cos seus anteriores traballos cun son máis lo-fi e folk (aínda que cancións como "Lord Anthony" aíndamanteñen o seu vello son). En particular, a bailable "Stay Loose" demostrou ser a primeira dunha serie de cancións (como "Your Cover's Blown" e "Sukie in the Graveyard") que se afastaron das súas raíces.
"Stay Loose" foi editada para a radio o 24 de febreiro 2004. O álbum foi nomeado ao Mercury Prize de 2004, e a canción "Step into My Office, Baby" entrou na lista curta para un premio Ivor Novello Award na categoría de mellor canción.
En 2007 Dear Catastrophe Waitress levaba vendidas 138 000 unidades nos Estados Unidos.Plagenhoef, Scott (2007). Belle & Sebastian's If You're Feeling Sinister. Bloomsbury. p. 40. ISBN 9781441194909
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Belle & Sebastian Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums producidos por Trevor Horn Categoría:Álbums de Rough Trade Records