Mamma Mia! Here We Go Again é un filme británico-estadounidense de 2018 escrito e dirixido por Ol Parker. O argumento baséase nunha historia creada por Parker, Catherine Johnson e Richard Curtis. É a secuela do filme de 2008 Mamma Mia!, que á súa vez se basea no musical homónimo de West End/Broadway empregando a música de ABBA. Está protagonizado por un grande elenco composto por Dominic Cooper, Amanda Seyfried, Pierce Brosnan, Colin Firth, Stellan Skarsgård, Jeremy Irvine, Josh Dylan, Hugh Skinner, Lily James, Jessica Keenan Wynn, Alexa Davies, Christine Baranski, Julie Walters, Andy García, Meryl Streep e Cher. É tanto unha secuela como unha precuela, xa que o argumento se sitúa en dous momentos diferentes respecto do filme anterior, con flashbacks de 1979, contando a historia da chegada de Donna Sheridan á illa de Kalokairi e o seu encontro cos tres posibles pais de Sophie.

Personaxes Amanda Seyfried como Sophie Sheridan Lily James como Donna de moza Christine Baranski como Tanya Chesham-Leigh Jessica Keenan Wynn como Tanya de moza Julie Walters como Rosie Mulligan Alexa Davies como Rosie de moza Pierce Brosnan como Sam Sheridan-Carmichael Jeremy Irvine como Sam de mozo Colin Firth como Harry Bright Hugh Skinner como Harry de mozo Stellan Skarsgård como Bill Anderson Josh Dylan como Bill de mozo Dominic Cooper como Sky Cher como Ruby Sheridan Andy García como Fernando Cienfuegos Omid Djalili como funcionario grego. Celia Imrie como vicechanceler da universidade de Donna Maria Vacratsis como Sofia Panos Mouzourakis como Lazaros Gerard Monaco como Alexio Anna Antoniades como Apollonia Jonathan Goldsmith como Raphael Cienfuegos

Cameos Meryl Streep como Donna Sheridan-Carmichael, nai de Sophie, filla de Ruby Björn Ulvaeus como un profesor universitario Benny Andersson como o pianista no restaurante parisiense durante "Waterloo".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Ol Parker Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Croacia Categoría:Filmes ambientados en Grecia Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes ambientados en 1979 Categoría:Filmes de Shepperton Studios Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX