El inmigrante latino é un filme de comedia colombiano de 1980 dirixido e escrito por Gustavo Nieto Roa e protagonizado por Carlos Benjumea, Franky Linero, Gloria Zapata, Rosa Serrano, Jairo Soto, María Margarita Giraldo e Sebastián Ospina. Foi escollido como candidato de Colombia Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 53ª edición dos premios, mais finalmente non entrou na lista de nomeados.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Un compositor colombiano trasládase a Nova York para desenvolver a súa carreira artística. Alí atopa dificultades para subsistir debido a que non pode exercer a súa profesión. Cando se atopa a piques de renunciar e retornar ó seu país, coñece a un famoso músico estadounidense que o contrata como o seu condutor. Porén, o músico estadounidense non pode presentarse nun concerto debido á súa adicción ás drogas, brindando a oportunidade ó compositor colombiano para que o substitúa no escenario.
Elenco Carlos Benjumea Franky Linero
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 53ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes dirixidos por Gustavo Nieto Roa