Mikel Irujo Amezaga, nado en Caracas o 6 de outubro de 1972, é un doutor vasco en dereito europeo, deputado do Parlamento Europeo (2007-2009) e delegado do Goberno de Navarra en Bruxelas.

Traxectoria Mikel Irujo pertence á saga familiar vinculada ó nacionalismo vasco e oriúnda de Lizarra. É fillo do dirixente do PNV e de EA Peio Irujo, que permaneceu no exilio venezolano case trinta anos e que á súa vez era sobriño de Manuel Irujo, deputado e ministro do PNV no goberno da República.Fallece Peio Irujo, dirigente del PNV en la Transición y expresidente de EA en Navarra, Diario de Navarra, 8 de setembro de 2008.

Formación e traxectoria profesional Licenciado en Dereito pola Universidade de Navarra (1995), doutorouse en Dereito pola Universidade Pública Vasca-Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV-EHU) en 2016. Ten tamén diversos títulos de posgrao especializados en política europea (2002) e Dereito Comunitario (2004). Publicou diversos estudos xurídicos relacionados coa Unión Europea e o País Vasco: Estatu Gabeko Nazioak Europako Batasunean (Sociedade de Estudos Vascos-Eusko Ikaskuntza, 2002) e Euskal Herria na Unión Europea (Eusko Alkartasuna, 2001), Panorámica actual de la comitología (Aranzadi, 2003), El coste de la no Europa (2008), Basque political system (Universidade de Reno, 2012).Mikel Irujo, nombrado delegado del Gobierno de Navarra en Bruselas, navarra.es, 28 de agosto de 2015.

Traballou dende xuño de 1996 de analista de lexislación comunitaria e responsable do tesauro de lexislación na Editorial Aranzadi. En 2009, ó seu regreso a Thomson Reuters Aranzadi, até 2015, créase, a iniciativa propia, a Unidade de Licitacións da UE, onde a empresa adxudica diversos proxectos da Comisión Europea, Parlamento Europeo, Comité das Rexións, Banco Mundial e Oficina de Publicacións de Luxemburgo.

Traxectoria política Como membro de Gazte Abertzaleak, as mocidades de Eusko Alkartasuna, formou parte do Consello da Mocidade de Navarra entre 1991 e 1993. Foi secretario de Asuntos Internacionais de Gazte Abertzaleak entre 1994-1996 e, novamente, entre 1998 e 2002. Na súa traxectoria europea, foi o primeiro presidente da ALE-Youth, organización xuvenil da Alianza Libre Europea, da que tamén foi vicepresidente.

Foi asesor parlamentario e responsable da oficina de Eusko Alkartasuna no Parlamento Europeo entre 1999 e 2002. Ocupou o segundo posto da candidatura Europa dos Pobos nas eleccións europeas do 13 de xuño de 2004. Entre xuño de 2007 e o final da sexta lexislatura da eurocámara, en xullo de 2009, ocupou o posto de europarlamentario que lle correspondía na quenda rotatorio estabelecido entre os representantes dos partidos integrados na candidatura Europa dos Pobos e foi membro das comisións parlamentarias de Educación e Cultura e Cooperación ao Desenvolvemento, así como da Asemblea Parlamentaria da ACP (África, Caribe e Pacífico).Ficha personal de Mikel Irujo en el Parlamento Europeo.

Foi secretario de comunicación e voceiro da executiva de Eusko Alkartasuna entre o congreso de decembro de 2007 e o de xuño de 2009. Neste congreso Mikel Irujo foi substituído por Maiorga Ramírez.El navarro Maiorga Ramírez sustituye a Mikel Irujo como portavoz de EA, Diario Vasco, 23 de xuño de 2009.. Foi concelleiro de Nafarroa Bai no concello de Ultzama entre 2007 e 2011.Mikel Irujo: "La planta de biogás de Ultzama suscitaba dudas por su opacidad y falta de información" , Noticias de Navarra, 9 de febreiro de 2018.

É Membro da Asemblea de Eurobask (Consello Vasco do Movemento Europeo).

En agosto de 2015 foi nomeado delegado do Goberno de Navarra en Bruxelas (sede da Unión Europea) e posteriormente membro alterno do Comité das Rexións, representando ó Goberno de Navarra, onde foi autor de dous informes, sobre Estratexias de Especialización Intelixente (RIS3) e Reforzamento da Innovación nas Rexións .

Notas

Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1972 Categoría:Europarlamentarios de España (2004-2009) Categoría:Políticos de Nafarroa Bai Categoría:Políticos de Eusko Alkartasuna Categoría:Políticos de Navarra