miniatura|Lotario I Lotario I de Francia, nado en Laon en 941 e finado en 986 foi rei carolinxio de Francia entre o 10 de setembro de 954 e o 1 de marzo de 986. Era fillo de Lois IV e Xerberga de SaxoniaDetlev Schwennicke:" Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge", Capítulo II (Marburg, Germany: J. A. Stargardt, 1984), táboa 1.
Traxectoria
Ascenso ao trono Foi coroado con trece anos no 954 na Abadía de Saint Rémi nunha cerimonia oficiada polo arcebispo Artaldo de ReimsSteven Fanning: "The Annals of Flodoard of Reims, 916–966", eds & trans. Bernard S. Bachrach (New York; Ontario, Can: University of Toronto Press, 2011), p. 60, logo da morte súbita do seu pai. Os seus comezos como gobernador estiveron baixo a tutela de Hugo o Grande, duque dos francos e conde de París, a pesar de ser inimigo do seu paiSteven Fanning: "The Annals of Flodoard of Reims, 916–966", eds & trans. Bernard S. Bachrach (New York; Ontario, Can: University of Toronto Press, 2011), p.19. Hugo foi compensado por este traballo co control sobre o Ducado de Aquitania e gran parte de BorgoñaBourchard, Constance Brittain: "Burgundy and Provence:879-1032", en Reuter, Timothy; McKitterick, Rosamond; Abulafia, David. "The New Cambridge Medieval History": Vol. III, 1999- c.1024 ("Introduction: Reading the Tenth Century") III (1. publ. ed.). Cambridge: Cambridge University Press, páx. 336. . Con este comezo, Lotario converteuse nun rei sen moita autoridade, rodeado de señores máis poderosos que el, que realmente eran inimigos velados, incluído Heriberto II de Vermandois que xa actuara de xeito traizoeiro co seu avó Carlos o SimpleGeorge Holmes:"The Oxford Illustrated History of Medieval Europe" (Oxford; New York: Oxford University Press, 1988), páx. 163. No 955 Lotario e Hugo foron tomar Poitiers. Durante o cerco, Hugo morreu e o rei tomou ao seu cargo os seus fillos (Hugo Capeto e Henrique) poñéndoos baixo a custodia do seu tío materno, o arcebispo Brunón de Colonia.
Conflitos militares en Lorena miniatura|esquerda|Lotario loitando contra Odón II. O conde Balduíno III de Flandres morrera en 962 despois dunha expedición contra os normandos en apoio do rei. Lotario foi a Flandres para tomar posesión do goberno, porque o fillo do falecido aínda era moi novo e así o dispuxera o avó do neno Arnulfo IThe Annals of Flodoard of Reims, 916-966, Ed. & Trans. Steven Fanning & Bernard S. Bachrach (University of Toronto Press, CA, 2004) 44F & n. 219. Por un tempo Lotario asumiu o control de Arras e DouaiPierre Riché:"The Carolingians. A Family Who Forged Europe", (Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993), pp. 264–65. Pero non conforme con isto quixo recuperar as terras da Lotarinxia que foran parte do reino dos seus antepasados e entrou en conflito co emperador Odón II. En 978, Lotario con Hugo Capeto cruzaron o río Mosa e atacaron o palacio imperial de Aachen cambiando a dirección da aguia imperial de Carlemagno virada cara ao oeste (Francia)Jim Bradbury:"The Capetians: Kings of France", 987-1328 (London: Hambledon Continuum, 2007), páx. 43Richer of Saint-Rémy:" Histoire de France, (888-995)", ed. R. Latouche (Paris: Les Belles Lettres 1964), páx. 89. Odón II vingouse o outono seguinte cunha incursión militar que chegou ata Reims, pasando por París e devastando a abadía de San Medardo en SoissonsPierre Riché:"The Carolingians. A Family Who Forged Europe", (Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993), pp. 276-77. As forzas de Lotario só conseguiron contraatacar a retagarda do exército de Odón cando regresaba á súa terra natal. Asinouse a paz en xullo de 980 en Margut-sur-Chiers.
O secuestro de Odón III Á morte de Odón II, o 7 de decembro de 983, Henrique II de Baviera secuestrou o fillo de tres anos do emperador Odón III, coa esperanza de conseguir a coroaPierre Riché:"The Carolingians. A Family Who Forged Europe", (Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993), pp. 277. O arcebispo de Reims Adalberón pediulle ao rei Lotario que se enfrontase a Henrique, pero o asunto resolveuse por si mesmo cando a mediados do 984 a emperatriz Teófana e o arcebispo de Mainz Willigis deron rescatado o neno.
Orixe da independencia catalá miniatura|esquerda|O caudillo musulmán Almanzor arrasou moitos territorios cristiáns na Península Ibérica. En 985, o conde de Barcelona Borrell II enviou emisarios ao rei Lotario para pedir axuda para loitar contra a invasión de Almanzor, pero Lotario estaba enfermo e tiña problemas por resolver no condado de Verdún, e non lle enviou axuda ningunhaPierre Riché:"The Carolingians. A Family Who Forged Europe", (Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993), pp. 266. Isto motivou a ruptura definitiva da relación de vasalaxe dos condados cataláns coa coroa francesa. Para que quedase máis claro, o conde Borrell non asistiu á coroación dos seguintes reis nin lles rendeu homenaxe.
Os últimos días de Lotario miniatura|Escultura do rei Lotario no museo de Saint Rémi. O descrédito de Lotario alcanzou tal punto que Xerberto de Aurillac escribiu nunha carta ao arcebispo Adalberon de Reims que: "Lotario é só rei de Francia de nome; Hugo [Capeto], pola súa banda, non só é de nome senón de feito e vontade"Andrew W Lewis:"Royal Succession in Capetian France: Studies on Familial Order and the State" (Cambridge, MA: Harvard University Press, 1981), páx. 15. Non moito tempo despois, o arcebispo falou abertamente a favor dos odonianos e tratou de influír en Hugo para que fixese o mesmo, mellorando a súa relación con Odón III. O rei deuse conta da situación e convocou un encontro con Adalberón baixo falsos pretextos e, unha vez alí, acusouno de traizónPierre Riché:"The Carolingians. A Family Who Forged Europe", (Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993), pp. 278. Pero a asemblea foi disolta pola chegada de Hugo Capeto e o seu exército antes de que se chegase a pronunciar un veredicto. Dúas semanas despois, o 2 de marzo do 986 Lotario faleceu en Laon.
Matrimonio e descendencia Casou con Emma de Italia, filla de Lotario II de Italia, coa que tivo dous fillos:
Lois, que sucedería ao seu pai no trono e sería o último rei carolinxio, Lois V de Francia. Odón (m. c. 13 de novembro de 986), cóengo en Reims.
Lotario tivo dous fillos ilexítimosEleanor Shipley Duckett"Death and life in the tenth century" (Ann Arbor: University of Michigan Press, 1967), páx. 118: Arnulfo, arcebispo de Reims. Ricardo (m. despois de 991).
Notas
Categoría:Reis de Francia Categoría:Nados no departamento de Aisne Categoría:Nados en 941 Categoría:Finados en 986