A PO-511 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Sanguiñeda (Mos) e Torneiros (O Porriño); atravesa os concellos de Mos e O Porriño. Ten unha lonxitude de 0,50 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-120 en Sanguiñeda (Mos) e finaliza nun cruzamento coa PO-331 en Torneiros (O Porriño).

Percorrido e historia

Conecta as estradas N-120, en Sanguiñeda (Mos) e a PO-331, en Torneiros (O Porriño). Esta vía permite a conexión da estrada PO-331 coa A-55 e a A-52, evitando o paso polo centro do Porriño. Foi inaugurada en febreiro de 2008, contando cun viaduto de 170 metros sobre o río Louro.

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia de Pontevedra Categoría:Mos Categoría:O Porriño