U.F.O.F. é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Big Thief, publicado o 3 de maio de 2019 a través do selo 4AD. O disco foi gravado no Bear Creek Studio, un estudio illado rodeado de exuberante natureza en Woodinville, Washington. As cancións "From" e "Terminal Paradise" apareceron anteriormente de forma diferente no álbum en solitario de Adrianne Lenker abysskiss, editado en 2018.

Cinco meses despois do lanzamento do disco, Big Thief publicou o seu cuarto álbum de estudio, Two Hands. Descrito como o "xemelgo de terra" de U.F.O.F., gravouse no Sonic Ranch, no deserto de Chihuahuan en Texas, días despois de que a banda completase U.F.O.F. en Washington.

O álbum foi nomeado ao mellor álbum de música alternativa da 62 edición dos premios Grammy. A publicación en liña Pitchfork Media situouno no posto 3 da súa lista dos 50 mellores álbums do ano 2019.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Big Thief Categoría:Álbums musicais de 2019 Categoría:Álbums de 4AD