José Luís Bouza Pregal, nado en Tui o 19 de decembro de 1985, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.

Gañou dúas medallas no Campionato Mundial de Piragüismo (prata en 2010 e bronce en 2011) e catro medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2009 e 2011.José Luis Bouza en CanoeResults.eu (en inglés).

Traxectoria Participou por primeira vez nunha competición internacional no Campionato Europeo de 2007 celebrado en Pontevedra, participando en C1 200 metros e en tres distancias do C4 (200, 500 e 1.000 metros), obtendo dous sétimos postos como mellores resultados. Logrou a súa primeira medalla dous anos despois, no Europeo de Brandeburgo, ao quedar terceiro na final de C1 1.000 metros. Ese mesmo ano competiu no Campionato Mundial celebrado en Dartmouth (Canadá), quedando en oitava posición no C1 4x200m, formando parella con Tono Campos, José Manuel Sánchez Sánchez e Yeray Picallo.

En 2010 gañou a prata no Europeo celebrado na localidade asturiana de Trasona, en C1 5.000 metros, e proclamouse subcampión do mundo na mesma distancia no Mundial de Poznan. Ao ano seguinte obtivo dúas medallas no Europeo de Belgrado (prata en 5.000m e bronce en 1.000m) e un bronce no Mundial de Szeged. Continuou competindo en Europeos e Mundiais nos seguintes anos pero sen lograr subir ao podio de novo, ata que finalmente as súas lesións no ombreiro obrigárono a retirarse en 2016.

Palmarés internacional Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Competición 2010 Poznań Prata C1 5000 m 2011 Szeged Bronce C1 5000 m Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Competición 2009 Brandeburgo Bronce C1 1000 m 2010 Corvera Prata C1 5000 m 2011 Belgrado Bronce C1 1000 m 2011 Belgrado Prata C1 5000 m

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tono Campos Ligazóns externas Perfil de José Luis Bouza, no sitio web do Comité Olímpico Español . Páxina oficial de José Luis Bouza. Resultados internacionais de Bouza en CanoeResults.eu .

Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1985