Philipp Melanchthon (en ), nado como Philipp Schwartzerdt en Bretten o 16 de febreiro de 1497 e finado en Wittenberg o 19 de abril de 1560, foi un reformador relixioso, colaborador de Martiño Lutero, primeiro teólogo sistemático da reforma protestante, líder intelectual a reforma luterana, nun deseñador influente de sistemas educativos. Permanece con Lutero e Jean Calvin como reformador, teólogo e moldeador do protestantismo. Traxectoria Philipp Schwartzerdt naceu en Bretten en 1497 e cursou estudos nas universidades de Heidelberg e Tubinga. Ao ingresar no primeiro de ditos centros aos doce anos de idade, o seu tío, o humanista e hebraísta Johannes Reuchlin, aconselloulle que cambiase o seu nome pola súa tradución ao grego Melanchthon (Μελάγχθων), "terra negra". En Heidelberg estudou filosofía, retórica e astronomía/astroloxía, e comezou a ser coñecido como estudoso do grego.
Grazas á influencia do seu tío, en 1518 obtivo a cátedra de lingua grega na Universidade de Wittenberg. O discurso que pronunciou ao acceder á mesma atraeu notabelmente a atención de Martiño Lutero, catedrático de Teoloxía Bíblica en Wittenberg dende 1512 e que exerceu unha fonda influencia nel. Estudou teoloxía e licenciouse en 1519. En 1521 escribiu Loci communes rerum theologicarum, un relatorio a favor da reforma protestante, e substituíu a Lutero como líder desa causa en Wittenberg cando o seu mentor foi confinado no castelo de Wartburg. En 1526 converteuse en catedrático de teoloxía e participou, con outros vinte e sete delegados, na unificación das constitucións das igrexas reformadas de Alemaña.
En 1529 acompañou a Xoán de Saxonia na Dieta de Espira e foi un dos que asinaron a protesta de Espira, pola que os príncipes luteranos en minoría do Imperio reclamaron a tolerancia relixiosa ao emperador Carlos V, acto do que tomou o seu nome o protestantismo. miniatura|esquerda|Cabeza dunha estatua de Melanchton nunha escola de Frankfurt Philipp Melanchthon foi o creador da palabra "psicoloxía" para designar a disciplina á que se refería como "o estudo da alma". Partindo do radical grego psykho ("alma"), derivado á súa vez de psykhé ("soplo de vida", "alento"), máis o sufixo loxía ("ciencia", "disciplina", "tratado"), formado a partir de logos ("palabra"). A partir do século XVII, coa oposición dos pensadores da época comezou a empregarse a palabra como "estudo do funcionamento da mente humana" ou do "comportamento humano". Non foi ata a partir do segundo cuarto do século XIX cando a disciplina foi aceptada no ámbito científico.
Como representante da Reforma ante a dieta de Augsburgo, en 1530 presentou as Confesións de Augsburgo, 28 artigos de fe redactados en colaboración con Lutero. O ton dese credo era tan conciliador que sorprendeu mesmo os católicos. Un ano despois publicou unha apoloxía en defensa da Confesión de Augsburgo, profundando nalgúns dos seus aspectos específicos en Variacións (1540). Debido á súa intención de lograr un entendemento entre protestantes e católicos ou polo menos entre as distintas faccións protestantes, os seguidores máis estritos do luteranismo consideraron heréticas as súas opinións. Foi comprensivo coa doutrina evanxélica e durante un tempo conservou a maioría das cerimonias católicas por consideralas adiaphora ("cousas indiferentes"), é dicir, materias de escasa transcendencia que era mellor tolerar, polo que os seus seguidores foron chamados adiaforistas.
Últimos días O carácter humanista de Melanchton foi moi resistido polos teólogos luteranos ortodoxos, veteranos das primeiras batallas. Así e todo, logrou reunir gran cantidade de discípulos que mantiveron, propagaron e mesmo perfeccionaron as súas propostas.
Philipp Melanchton faleceu en Wittenberg o 16 de abril de 1560. Morreu orando pola unión das igrexas "en Cristo" e queixándose pola rabies theologorum ("a rabia dos teólogos") do seu propio campo, que dende a morte de Lutero libraran batalla contra el.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Works at Open Library Examen eorum, qui oudiuntur ante ritum publicae ordinotionis, qua commendatur eis ministerium EVANGELLI: Traditum Vuitebergae, Anno 1554 , en Opolska Biblioteka Cyfrowa
Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Nados en 1497 Categoría:Finados en 1560 Categoría:Personalidades do protestantismo de Alemaña Categoría:Teólogos de Alemaña Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Alumnos da Universidade de Heidelberg Categoría:Alumnos da Universidade de Tubinga