Felipe Pedreira Deibe, nado en Cuenca o 21 de agosto de 1896 e finado en Madrid en novembro de 1973, foi un profesor e xornalista galego.

Traxectoria miniatura|250px|Álvaro das Casas e Felipe Pedreira (sentados) en Ourense, 1920. Fillo de Leopoldo Pedreira Taibo, criouse na Coruña onde fixo o bacharelato. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor da Academia Católica da Coruña. En 1918 foi nomeado, por oposición libre, profesor numerario de Xeografía da Normal de Ourense.El Ideal Gallego, 28-6-1918, p. 1. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Ourense. En 1932 pediu a excedencia voluntaria,El Ideal Gallego, 17-9-1932, p. 3. e dous anos despois foi nomeado profesor numerario de Xeografía da Escola de Maxisterio de Lugo.El Pueblo Gallego, 18-7-1934, p. 4. En decembro de 1949 volveu á Normal de Ourense por dereito de consorte.BOE, 29-11-1949, p. 4988. Colaborou en El Diario de Orense, La Región, Vida Gallega, El Ideal Gallego, El Progreso e Alborada. Finou en Madrid en novembro de 1973.Ya, 6-11-1973, p. 40.

Obra

Publicou Apuntes de Historia de España (Hasta la unión definitiva de Castilla y Aragón). Vida persoal Casou en 1921 con Araceli Ancochea Roldán,La Región, 26-10-1921, p. 2. e foi pai de Román, María del Carmen e Toñita Pedreira Ancochea.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Araceli María de la Salud Ancochea de Roldán

Categoría:Xornalistas de España

Categoría:Profesores

Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Cuenca Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela