Mary Frances "Debbie" Reynolds, nada en El Paso o 1 de abril de 1932 e finada nos Ánxeles o 28 de decembro de 2016, foi unha actriz, cantante e empresaria estadounidense, cunha carreira de case setenta anos. Foi candidata ao Globo de Ouro á mellor promesa pola súa interpretación de Helen Kane no filme de 1950 Three Little Words, e revelouse pola súa primeira protagonista, Kathy Selden en Singin' in the Rain (1952). Outros éxitos seus foron The Affairs of Dobie Gillis (1953), Susan Slept Here (1954), Bundle of Joy (1956, candidata ao Globo de Ouro), The Catered Affair (1956, mellor actriz secundaria pola National Board of Review) e Tammy and the Bachelor (1957), en que interpretou a canción "Tammy", que alcanzou o número un da clasificación da revista Billboard.

Traxectoria Reynolds protagonizou Singin' in the Rain (1952), A conquista do Oeste (1962) e The Unsinkable Molly Brown (1964), filme biográfico sobre a célebre Molly Brown. A súa interpretación de Brown supúxolle unha candidatura ao Óscar á mellor actriz. Outros dos seus filmes foron The Singing Nun (1966), Divorce American Style (1967), ¿Que lle pasa a Helen? (1971), A arañeira de Charlotte (1973), Mother (1996), pola que obtivo unha nova candidatura aos Globos de Ouro, e In & Out (1997). Reynolds tamén foi intérprete de cabaré. En 1979, fundou Debbie Reynolds Dance Studio en North Hollywood.

En 1959, publicou o seu primeiro álbum de música pop, titulado Debbie.

En 1969, protagonizou na televisión The Debbie Reynolds Show, pola que foi candidata aos Globos de Ouro. En 1973, Reynolds protagonizou unha versión para Broadway do musical Irene e foi candidata ao premio Tony á mellor actriz de musical. Tamén optou ao premio Daytime Emmy Award polo seu traballo en A Gift of Love (1999) e ao Primetime Emmy por interpretar a nai de Grace, Bobbi, en Will & Grace. No inicio do século XXI, Reynolds chegou a unha xeración máis nova polo seu papel de Aggie Cromwell na serie de Disney Halloweentown.

En 1988, publicou a súa autobiografía, titulada Debbie: My Life. En 2013, publicouse unha segunda autobiografía, Unsinkable: A Memoir.

Reynolds realizou tamén varias aventuras empresariais, incluída a propiedade dun estudio de danza e un hotel e casino en Las Vegas, e foi unha coleccionista de memorabilia cinematográfica, que comezou cos obxectos adquiridos na poxa de MGM de 1970. Foi presidenta de The Thalians, organización dedicada á causa da saúde mental.

Reynolds continuou a actuar con éxito no teatro, na televisión e no cinema cumpridos os oitenta anos. En xaneiro de 2015, recibiu o premio honorífico do Screen Actors Guild. En 2016, recibiu o premio Jean Hersholt.Reynolds to Receive Award. Consultado o 27 de agosto de 2015 Ese mesmo ano, estreouse un documental sobre a súa vida titulado Bright Lights: Starring Carrie Fisher and Debbie Reynolds, que resultou a súa última aparición no cinema; o filme estreouse en HBO o 7 de xaneiro de 2017.

Reynolds faleceu o 28 de decembro de 2016 tras sufrir un infarto. O seu pasamento sucedeu un días despois do da súa filla, Carrie Fisher.

Vida privada upright=.8|miniatura|esquerda|Reynolds e Eddie Fisher o día da súa voda, 1955 Reynolds casou en tres ocasións. O primeiro matrimonio foi co cantante Eddie Fisher en 1955. Foron pais de Carrie (1956–2016) e Todd Fisher (1958). A parella divorciouse en 1959 cando se descubriu que pouco despois da morte do marido de Elizabeth Taylor, Mike Todd, Fisher mantivo unha relación con Taylor. Nese momento Taylor e Reynolds eran boas amigas. O asunto foi un grande escándalo público que provocou a cancelación do programa de televisión de Eddie Fisher.

En 2011, Reynolds apareceu en The Oprah Winfrey Show poucas semanas antes do falecemento de Elizabeth Taylor e explicou que as dúas coincidiran viaxando no cruceiro Queen Elizabeth a finais dos sesenta ou principios dos setenta cando se reconciliaron. Reynolds enviou unha nota ao cuarto de Taylor e esta respondeulle cunha proposta para cear xuntas e rematar coa súa disputa. Reynolds describiuno como "un serán marabilloso con moitas risas".

O segundo matrimonio de Reynolds, co empresario millonario Harry Karl, durou de 1960 a 1973. Durante un período na década de 1960, deixou de traballar no estudio o venres pola tarde para asistir ás reunións das Girl Scout, xa que era a líder da tropa da que formaban parte a súa filla Carrie e a súa fillastra Tina Karl, ambas de trece anos. Reynolds viuse posteriormente en dificultades financeiras a causa das apostas e os malos investimentos de Karl. O terceiro matrimonio de Reynolds foi co investidor inmobiliario Richard Hamlett entre 1984 e 1996.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas Referencias 1948 June Bride Boo's Girlfriend at Wedding Sen acreditar 1950 Maureen O'Grady Three Little Words Helen Kane Two Weeks with Love Melba Robinson 1951 Mr. Imperium Gwen 1952 Singin' in the Rain Kathy Selden Skirts Ahoy! Ela mesma Sen acreditar 1953 I Love Melvin Judy Schneider / Judy LeRoy Pansy Hammer Give a Girl a Break Suzy Doolittle 1954 Susan Slept Here Susan Beauregard Landis Athena Minerva Mulvain 1955 Hit the Deck Carol Pace Julie Gillis 1956 Meet Me in Las Vegas Ela mesma Sen acreditar Jane Hurley Bundle of Joy Polly Parish 1957 Tammy and the Bachelor Tammy 1958 This Happy Feeling Janet Blake 1959 Mariette Larkin Say One for Me Holly LeMaise, aka Conroy It Started with a Kiss Maggie Putnam Nell Nash 1960 Peggy Brown Pepe Cameo 1961 Jessica Anne Poole Lucretia 'Lu' Rogers 1962 A conquista do Oeste Lilith Prescott 1963 My Six Loves Janice Courtney Mary, Mary Mary McKellaway 1964 Molly Brown Adeus, Charlie Charlie Sorel/Virginia Mason 1966 Sister Ann 1967 Divorce American Style Barbara Harmon 1968 How Sweet It Is! Jenny Henderson 1969 Debbie Reynolds and the Sound of Children Ela mesma Telefilme 1971 ¿Que lle pasa a Helen? Adelle 1973 A arañeira de Charlotte Charlotte A. Cavatica (voz) 1974 Busby Berkeley Documental1982 That's Entertainment! Filme recompilatorio 1987 Sadie and Son Sadie Telefilme 1989 Perry Mason: The Case of the Musical Murder Amanda Cody Telefilme 1992 Battling for Baby Helen Telefilme O escolta Ela mesma Cameo 1993 Jack L. Warner: The Last Mogul Documental Heaven & Earth Eugenia 1994 That's Entertainment! III Filme recompilatorio 1996 Mother Beatrice Henderson Wedding Bell Blues Ela mesma 1997 In & Out Berniece Brackett 1998 Fear and Loathing in Las Vegas Ela mesma (voz) Majo no Takkyūbin Madame (voz, dobraxe en inglés de Disney) Zack and Reba Beulah Blanton Rudolph the Red-Nosed Reindeer: The Movie Mrs. Claus / Mitzi – Rudolph's Mother / Mrs. Prancer – School Teacher (voz) Halloweentown Splendora Agatha "Aggie" Cromwell Telefilme Ruth Telefilme 1999 A Gift of Love: The Daniel Huffman Story Shirlee Allison Telefilme Keepers of the Frame Documental 2000 Rugrats in Paris: The Movie Lulu Pickles (voz) Virtual Mom Gwen Telefilme Rugrats: Acorn Nuts & Diapey Butts Lulu Johnson (voz)2001 These Old Broads Piper Grayson Telefilme Halloweentown II: Kalabar's Revenge Splendora Agatha "Aggie" Cromwell Telefilme 2002 Cinerama Adventure Ela mesma (entrevistada) Documental Generation Gap Telefilme2004 Connie and Carla Ela mesma Halloweentown High Splendora Agatha "Aggie" Cromwell Telefilme 2006 Return to Halloweentown Splendora Agatha "Aggie" Cromwell TelefilmeCameo Lolo's Cafe Mrs. Atkins (voz) Telefilme 2007 Mr. Warmth: The Don Rickles Project Ela mesma (entrevistada) Documental 2008 Light of Olympia Queen (voz) Ela mesma Documental Documental Fay Wray: A Life Documental2012 One for the Money Grandma Mazur In the Picture Aunt Lilith Curtametraxe 2013 Behind the Candelabra Frances Liberace Telefilme 2016Bright Lights: Starring Carrie Fisher and Debbie Reynolds Ela mesma Documental

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial Debbie Reynolds Studio Store website Debbie Reynolds at TVGuide.com

Photographs and literature Debbie Reynolds at Emmys.com Debbie Reynolds profile at Aveleyman.com

Categoría:Nados en Texas Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Actores de Texas Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América