I, I (estilizado como i,i e proninciado como "I and I") é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de indie folk Bon Iver, publicado o 9 de agosto de 2019 a través do selo Jagjaguwar. Foi editado lanzando as cancións unha a unha cada hora, estando a intro só dispoñible no subreddit de fans de Bon Iver ata o 9 de agosto, cando o álbum foi lanzado en todos os servizos, cunha edición física lanzada o 30 de agosto. O álbum foi precedido polos sinxelos "Hey, Ma" e "U (Man Like)", e os temas "Faith" e "Jelmore" foron publicados xunto coa reserva do disco. I, I ten contribucións de James Blake, Aaron Dessner, Bruce Hornsby, Moses Sumney e Channy Leaneagh, entre outros.

A publicación en liña Pitchfork Media situouno no posto 16 da súa lista dos 50 mellores álbums do ano 2019.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Bon Iver Categoría:Álbums musicais de 2019 Categoría:Álbums producidos por Justin Vernon Categoría:Álbums de Jagjaguwar