miniatura|240px|Sterna acuticauda miniatura|240px|Sterna aurantia Sterna é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros, que para moitos autores é o tipo da familia dos estérnidos. (Véxase máis abaixo "Nota taxonómica").

Hai anos adoitaba incluír especies de xéneros hoxe diferentes, pero estudos de secuenciación de ADN mitocondrial determinaron recentemente que esta agrupación era parafilética, polo que se separaron dela as especies dos xéneros Gelochelidon, Hydroprogne, Thalasseus, Sternula e Onychoprion.Bridge, E. S.; Jones, A. W. & Baker, A. J. (2005). A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution . Molecular Phylogenetics and Evolution 35: 459–469. Consultada o 7 de decembro de 2019.

Comprende 13 especies coñecidas vulgarmente en galego como carráns,carrán no Dicionario da RAG. e noutros idiomas con nomes equivalentes a andoriñas do mar, aves de tamaño mediano que se encontran nas rexións costeiras de case en todo o mundo.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae.Linnæus, Caroli (1758): [https://www.biodiversitylibrary.org/page/727042#page/155/mode/1up Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ. (Salvius)], páxina 137.

Etimoloxía O nome científico Sterna, voz do xénero feminino, deriva probabelmente do termo escandinavo Tern vía o inglés, e latinizado como sterna, "andoriña do mar", desde, polo menos, o século VIII.Etimoloxía de Sterne no Trésor de la langue française informatisé. En latín clásico, esterna deriva do verbo esternere, "tenderse no chan", derivado do grego antigo στέρνον stérnon, "peito" (da que tamén procede o nome do óso esterno).sternum no Merraiam-Webster Unabrigeg Dictionary.

Nota taxonómica Sterna situábase anteriormente dentro da familia dos estérnidos pero actualmente (2019) sitúase dentro da familia dos láridos (como subfamilia dos esterninos) segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC),Ver Sterna en "Famuly Laridae" na [https://www.worldbirdnames.org/bow/gulls/ IOC World Bird List.] Versión 9.2, 2019. Consultada o 10 de decembro de 2019. e outras bases de datos e autores.Laridae no ITIS.Sterninae. Terns and noddys. Clasificación na ADW.

Especies Desde 2005 recoñécense dentro do xénero as seguintes trece especies:Sterna Linnaeus, 1758 no ITIS.

Sterna acuticauda J. E. Gray, 1831 Sterna aurantia J. E. Gray, 183 Sterna dougallii Montagu, 1813 Sterna forsteri Nuttall, 1834 Sterna hirundinacea Lesson, 1831 Sterna hirundo Linnaeus, 1758 Sterna paradisaea Pontoppidan, 1763 Sterna repressa Hartert, 1916 Sterna striata Gmelin, 1789 Sterna sumatrana Raffles, 1822 Sterna trudeaui Audubon, 1838 Sterna virgata Cabanis, 1875 Sterna vittata Gmelin, 1789

En Galicia En Galicia pódense ver as especies: Sterna dougalli, S. hirundo, S. paradisaea.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cramp, Stanley & Simmons, K. E. L. (1985): Handbook or the Birds of Europe, the Middle East and North Africa: the Birds of the Western Palearctic. Vol. 4: Terns to Woodpeckers. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7507-8. del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World, vol. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7. del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Viaxeiras da auga. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-245-1. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-306-2.

Outros artigos Caradriformes Laros Estérnidos

Ligazóns externas Sterna na ADW. Typical Terns. Sterna Linnaeus 1758 na EOL.

Categoría:Estérnidos