Richard Bowdler Sharpe, nado en Londres o 22 de novembro de 1847, e finado o 25 de decembro de 1909, foi un zoólogo inglés especializado en ornitoloxía.
Traxectoria Estudou en Brighton, Peterborough e Loughborough. Á idade de dezaseis anos comezou a traballar para Smith & Sons en Londres.
En 1864 comezou o seu primeiro traballo ornitolóxico, unha monografía sobre os martiños peixeiros (1868-1871). En 1867 Sharpe obtivo o posto de bibliotecario da Sociedade Zoolóxica de Londres, recomendado por Osbert Salvin ey Philip Sclater.
Á morte de George Robert Gray en 1872 ingresou no Museo Británico como axudante maior na Sección de Zooloxía, encargándose da colección de aves. Foi conservador asistente deste Museo desde 1895, permanecendo neste posto até a súa morte, o 25 de decembro de 1909 a causa dunha pulmonía.
Sharpe foi un dos fundadores, en 1892, do British Ornithologists' Club, e revisou o boletín que esta organización editaba. Escribiu trece, é dicir, case a metade dos 27 volumes do Catálogo de Aves do Museo Británico (1874-1898).
Publicacións Catalogue of the Accipitres, or diurnal birds of prey, in the collection of the British Museum. 1874 Catalogue of the Striges, or nocturnal birds of prey, in the collection of the British museum. 1875 Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Coliomorphae... 1877 Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Cichlomorphae, pt.I... 1879 Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Cichlomorphae, pt.III-[IV]... 1881-83 Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Fringilliformes, pt.I... 1885 A monograph of the Hirundinidae. 1894 A Monograph of The Alcedinidae, or Family of Kingfishers. 1868 - 1871 Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Fringilliformes, pt.III... 1888 Catalogue of the Passeriformes, or perching birds, in the collection of the British museum. Sturniformes... 1890 Catalogue of the Picariae in the collection of the British museum. Coraciae... 1892 Catalogue of the Fulicariae... and Alectorides... in the collection of the British museum. 1894 Catalogue of the Limicolae in the collection of the British museum. 1896 Catalogue of the Plataleae, Herodiones, Steganopodes, Pygopodes, Alcae, and Impennes in the collection of the British museum. 1898
Abreviatura A abreviatura Sharpe emprégase para recoñecer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Distincións Membro da Sociedade Zoolóxica de Londres Membro honorario da Sociedade Ornitolóxica Estadounidense Membro da Sociedade Linneana de Londres (1870) Doutor Honoris Causa (1891)
Véxase tamén
Bibliografía Mullens, W. H. & Swann, H. K. (1917): A Bibliography of British Ornithology Londres: Macmillan. (Sharpe, pp. 527–529).
Ligazóns externas Richard Bowdler Sharpe (1847-1909) Imaxes de A Monograph of The Alcedinidae, or Family of Kingfishers (1868 - 1871).
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1909 Categoría:Finados por pneumonía