Todo vai ben é o segundo álbum da banda galega de rock Zënzar.
Foi publicado en 2001. Produción Foi un disco autoproducido e gravado nos estudios Fussion de Javier Abreu en Vigo entre decembro do 2000 e febreiro de 2001. Incluíu 12 temas novos e unha regravación da canción "E ti que pensas".
Colaboraron no disco o gaiteiro Xan, dos Papaqueixos, e o regueifeiro O Caruncho en "Todos me queren"; e Rómulo Sanjurjo dos Diplomáticos de Monte Alto tocando o acordeón en "A banda do coche encarnado", un "narcocorrido" ambientado en Galicia.
Cancións
Compoñentes
Xosé Bocixa (voz). Manuel Silveira (guitarra). Mario Grela (guitarra). Tabe (baixo). Manuel García (batería)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do disco en Discogs. Ficha do disco no BandCamp de Zénzar.
Categoría:Álbums musicais de 2001 Categoría:Álbums de Zënzar