Paulinella é un xénero que comprende unhas nove especies de ameboides acuáticos.

Os seus membros máis famosos son as tres especies fotosintéticas P. chromatophora, P. micropora e P. longichromatophora, as dúas primeiras formas de auga doce e a terceira mariña,Evolutionary dynamics of the chromatophore genome in three photosynthetic Paulinella species - Nature que recentemente (en termos evolutivos) captaron unha cianobacteria como endosimbionte. Este plastidio denomínase ás veces 'cianela' ou cromatóforo. Considérase que o evento endosimbiótico aconteceu hai uns 90–140 millóns de anos nunha especie bacteriana que diverxeu hai uns 500 millóns de anos a partir dalgunas cianobacterias coñecidas. Isto é sorprendente, porque os cloroplastos de todos os demais eucariotas fotosintéticos coñecidos derivan en última instancia dun só endosimbionte cianobacteriano, que foi captado probablemente hai uns mil millóns de anos por un arqueplastidiano ancestral (e seguidamente adoptado por outros grupos eucariotas, en ulteriores eventos endosimbióticos). O simbionte de P. chromatophora foi relacionado coas cianobacterias Prochlorococcus e Synechococcus (irmáns do grupo que consta dos membros vivos deses dous xéneros). O xenoma do cromatóforo sufriu unha redución e agora é só dun terzo do tamaño do xenoma dos seus parentes vivos libres máis próximos, pero aínda así é 10 veces máis grande que a maioría dos xenomas de plastidios. Algúns dos xenes perdéronse, outros migraron ao núcleo da ameba por transferencia xénica endosimbiótica. Outros xenes dexeneraron debido ao chamado trinquete de Muller (acumulacións de mutacións nocivas debido ao illamento xenético e probablemente foron substituídos por xenes doutros microbios por transferencia horizontal de xenes).This little amoeba committed grand theft: Scientists reveal how a little-known amoeba engulfed a bacterium to become photosynthetic Os xenes nucleares de P. chromatophora (as rexións non modificadas polo simbionte) están máis estreitamente relacionadas co heterótrofo P. ovalis. P. ovalis tamén ten polo menos dous xenes de tipo cianobacteriano, que foron probablemente integrados nos seus xenomas por transferencia horizontal de xenes desde a súa presa cianobacteriana. Xenes similares puideron facer que as especies fotosintéticas estivesen preequipadas para aceptar o cromatóforo.Steal My Sunshine | The Scientist Magazine

Notas

Categoría:Cercozoos