Os galactolípidos son un tipo de glicolípidos cuxo azucre é a galactosa. Diferéncianse dos glicosfingolípidos en que non teñen nitróxeno na súa composición.

Son a parte principal dos lípidos de membrana das plantas, nas cales substitúen os fosfolípidos para conservar o fosfato para outros procesos esenciais. A membrana dos cloroplastos contén unha elevada cantidade de monogalactosildiacilglicerol (MGDG) e digalactosildiacilglicerol (DGDG).

Probablemente exercen un papel directo na fotosíntese, xa que se atoparon nas estruturas obtidas por raios X dos complexos fotosintéticos.

Os galactolípidos están máis biodispoñibles que os ácidos graxos e presentan unha actividade antiinflamatoria mediada por COX.Christensen, L. Galactolipids as Potential Health Promoting Compounds in Vegetable Foods Recent Patents on Food, Nutrition & Agriculture, 2009; 1, 50-58. O fraccionamento bioguiado de follas de espinaca (Spinacia oleracea) revelou que os galactolípidos de ácido alfa-linolénico (18:3, n-3) eran responsables dos efectos inhibitorios sobre a activación do virus de Epstein-Barr (EBV) inducida por promotor de tumores.Wang R, Furomoto T, Motoyama K, Okazaki K, Kondo A, Fukui H. Possible anti-tumor promoters in Spinacia oleracea (spinach) and comparison of their contents among cultivars. Biosci Biotechnol Biochem 2002; 66(2): 248-254. Recentemente, demostrouse que este mesmo galactolípido, o 1,2-di-O-α-linolenoil-3-O-α-D-galactopiranosil-sn-glicerol,Block G, Patterson B, Subar A. Fruit, vegetables, and cancer prevention: A review of the epidemiological evidence. Nutr Cancer 1992; 18(1): 1-29. pode ser importante para a actividade antiinflamatoria da Rosa canina, unha planta medicinal con efectos documentados sobre enfermidades inflamatorias como a artrite.

O galactoesfingolípido galactocerebrósido (GalC) e o seu derivado sulfatado sulfátido está tamén presente en abundancia (xunto cun pequeno grupo de proteínas) na mielina, a membrana arredor dos axóns no sistema nervioso dos vertebrados.

Son os galactolípidos, en vez dos florotaninos, os que actúan como disuasorios dos herbívoros na alga Fucus vesiculosus contra os ourizos de mar Arbacia punctulata.Galactolipids rather than phlorotannins as herbivore deterrents in the brown seaweed Fucus vesiculosus. Michael S. Deal, Mark E. Hay, Dean Wilson and William Fenical, Oecologia, June 2003, Volume 136, Issue 1, pages 107-114, miniatura|Estrutura química xeral dun monogalactosil diacilglicerol (MGDG), un tipo frecuente de galactolípido. R1 e R2 son cadeas graxas.|centro|300x300px Notas

Categoría:Glicolípidos