Dong Feng 5, tamén coñecido como DF-5, foi un mísil balístico intercontinental da República Popular da China comezado a ser desenvolvido nos anos 1960.
O obxectivo de desenvolver o DF-5 foi posuír un mísil capaz de chegar ata os Estados Unidos. Despregouse en cantidade moi limitada, pero foi a base da familia de foguetes espaciais Longa Marcha. thumb|75px|Representación dun DF-5. O mísil integraba o primeiro sistema de guía inercial desenvolvido pola China. Os primeiros voos do foguete tiveron lugar a principios dos anos 1970, pero non entrou en servizo ata 1981.
Características Carga útil: 3000 kg Impulso: 2500 kN Masa cheo: 181.000 kg Altura: 32,61 m Diámetro: 3,35 m Apoxeo: 1000 km Alcance máximo: 12.020 km CEP: 0,44 km Propelentes: tetróxido de nitróxeno e UDMH
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Longa Marcha (foguete) Dong Feng 1
Categoría:Mísiles