Mutoid Man é unha banda estadounidense de metalcore formada no ano 2012 en Brooklyn, Nova York, polo vocalista e guitarrista de Cave In Stephen Brodsky, o batería de Converge Ben Koller, e o baixista Nick Cageao. O grupo leva publicados un EP e dous álbums de estudio ata a data. AllMusic describiu o seu son como metalcore pero destacou que non ten relación só co hardcore punk e o heavy metal, senón tamén co rock and roll, o math rock, o rock progresivo e a música psicodélica. Pitchfork celebrou o seu álbum de estrea, Bleeder, por "[abrazar] tanto o hard rock estúpido como o metal progresivo cerebral, nun momento no que os dous enfoques volvéronse case mutuamente exclusivos na música heavy".
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloBleeder2015Sargent HouseWar Moans2017Sargent House
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Brooklyn Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 2012