O primeiro ministro de Estonia (en ) é o xefe de goberno da República de Estonia. O primeiro ministro é nomeado polo presidente tras as debidas consultas coas forzas parlamentarias e confirmado polo parlamento. En caso de desacordo, o Parlamento pode rexeitar a candidatura do presidente e elixir o seu propio candidato. Na práctica, dado que o primeiro ministro debe manter a confianza do Parlamento para permanecer no cargo, normalmente é o líder do principal partido da coalición de goberno. O actual primeiro ministro é Kristen Michal do Partido da Refoma Estoniano.
O primeiro ministro non dirixe ningún ministerio específico, pero é, de acordo coa constitución, o supervisor do traballo do goberno. A importancia e o papel do primeiro ministro no goberno e as súas relacións con outros ministros dependen a miúdo da posición do partido liderado polo primeiro ministro fronte aos socios da coalición e da cantidade de influencia que ten o primeiro ministro dentro do seu partido. Se o primeiro ministro ten unha posición forte dentro do seu partido e o goberno está composto só por representantes dese partido, pode gozar dunha autoridade considerable. Non obstante, en todas as cuestións cruciais nacionais, a palabra final recae no Riigikogu como poder lexislativo.
Ao contrario dos seus homólogos noutras repúblicas parlamentarias, o primeiro ministro é o xefe executivo de facto e de iure. Isto é debido a que a Constitución atribúe explicitamente ao goberno o poder executivo, do que o primeiro ministro é o líder. Na maioría das demais repúblicas parlamentarias, o presidente é cando menos un xefe executivo nominal, estando obrigado por convención a actuar aconsellado polo gabinete.
Historia Estonia estivo gobernada por un primeiro ministro durante os dous primeiros anos (1918-1920) da súa independencia despois do colapso do Imperio ruso.
Baixo a constitución de Estonia, en 1920, o xefe de goberno chamábase Ancián do Estado (riigivanem), que tamén era xefe de Estado. Este sistema era un sistema radicalmente parlamentario porque o Ancián do Estado podería ser destituído polo Parlamento con maioría simple. Ademais, o Ancián do Estado non era o comandante en xefe das forzas armadas nin podía ratificar as leis nin disolver o Parlamento. A disolución do Parlamento só era posible mediante un referendo. Segundo unha nova constitución aprobada por plebiscito en 1933, o cargo do primeiro ministro foi reconvertido como xefe do goberno en 1934 nun sistema máis presidencialista. Segundo esta constitución, o presidente podería nomear e destituír o primeiro ministro e o gabinete, vetar leis, emitir decretos (estatutos) e disolver o Parlamento. O Ancián do Estado naquel momento, Konstantin Päts, nomeouse a si mesmo como primeiro ministro e nesta posición conseguiu suspender as eleccións para o Ancián de Estado e para o Parlamento de Estonia. Permaneceu como primeiro ministro, declarándose "presidente-rexente", ata 1938, cando se celebraron eleccións baixo unha nova constitución e foi elixido presidente.
1918–1920 Foto Nome Mandato Partido Político Xefe de Estado InicioFinDuración A orde executiva do Goberno Provisional e do Consello de Anciáns da Asemblea Provincial substituíron o cargo de presidente do Consello de Ministros. Konstantin Päts (Primeiro Ministro do Goberno Provisional) 12 de novembro de 1918 9 de maio de 1919 179 días Unión Popular do País (EMRL) Ningún 1 Otto August Strandman (1875–1941) 9 de maio de 1919 18 de novembro de 1919 194 días Partido Laborista (ETE) 2 Jaan Tõnisson (1868–1941?) 18 de novembro de 1919 28 de xullo de 1920 254 días Partido Popular (ER) 3 Ado Birk (1883–1942) 28 de xullo de 1920 30 de xullo de 1920 3 días Partido Popular (ER) (2) Jaan Tõnisson (1868–1941?) (2ª vez) 30 de xullo de 1920 26 de outubro de 1920 89 días Partido Popular <br /(ER) 4 Ants Piip (1884–1942) 26 de outubro de 1920 20 de decembro de 1920 56 días Partido Laborista (ETE) A Constitución de 1920 substituíu o cargo de Ancián do Estado.
Foto Nome Mandato Partido Político Xefe de Estado InicioFinDuración A Constitución de 1934 dividiu o cargo de Ancián do Estado entre un novo cargo chamado Ancián do Estado e un Primeiro Ministro. 5 Konstantin Päts (en funcións do Ancián do Estado) (2ª vez) 24 de xaneiro de 1934 3 de setembro de 1937 Asembleas de Agricultores e Asociación de Colonos (PK / ARVK) primeiro ministro nas funcións de Ancián do Estado Konstantin Päts Unión da Patria (I) Todos os partidos políticos foron prohibidos o 20 de marzo de 1935. A Unión da Patria foi a única organización política permitida, pero non pode ser considerado un partido político per se. A Lei de Modificación da Constitución de 1938 fusionou temporalmente os cargos de Ancián do Estado e primeiro ministro no cargo de presidente-rexente .
1938–1944 Foto Nome Mandato Partido Político Xefe de Estado InicioFinDuración A Constitución de 1938 dividiu o cargo de presidente-rexente entre un presidente e un primeiro ministro. 6 Kaarel Eenpalu (1888–1942) Primeiro ministro en funcións 24 de abril de 1938 9 de maio de 1938 Unión da Patria (I) Presidente Konstantin Päts (1938-1940) Primeiro ministro 9 de maio de 1938 12 de outubro de 1939 7 Jüri Uluots (1890-1945) 8º primeiro ministro 12 de outubro de 1939 21 de xuño de 1940 254 días Unión da Patria (I) 1ª ocupación soviética Ocupación alemá - Otto Tief (1889–1976) Primeiro ministro en funcións 18 de setembro de 1944 25 de setembro de 1944 8 días Ningún primeiro ministro nas funcións do Presidente Jüri Uluots 2ª ocupación soviética
1990 – actualidade FotoNomeMandatoPartidoXefe de EstadoInicioFinDuración2ª ocupación soviéticaEdgar Savisaar(1950– )1st Prime Minister of the Interim Government3 de abril de 1990O Consello Supremo da RSS de Estonia declarou o 30 de marzo de 1990 que o goberno soviético era ilegal dende 1940 e declarou un período de transición para a independencia total. Esta foi restaurada o 20 de agosto de 1991.29 de xaneiro de 1992Fronte Popular (RR)Presidente do Consello SupremoArnold RüütelTiit Vähi(1947– )2nd Prime Minister of the Interim Government29 de xaneiro de 199221 de outubro de 1992266 díasNingún8Mart Laar(1960– )21 de outubro de 19928 de novembro de 1994Unión da Patria (I)PresidenteLennart Georg Meri(1991-2001)9Andres Tarand(1940– )8 de novembro de 199417 de abril de 1995161 díasModerados(M)10Tiit Vähi(1947– )(2ª vez)17 de abril de 199517 de marzo de 1997Partido da Coalición e Alianza Popular do Pobo(KMÜ)11Mart Siimann(1946– )17 de marzo de 199725 de marzo de 1999Partido da Coalición e Alianza Popular do Pobo(KMÜ)(8)Mart Laar(1960– )(2ª vez)25 de marzo de 199928 de xaneiro de 2002Unión da Patria(I)PresidenteArnold Rüütel(2001-2006)12Siim Kallas(1948– )28 de xaneiro de 200210 de abril de 2003Partido da Refoma Estoniano(ER)13Juhan Parts(1966– )10 de abril de 200312 de abril de 2005Partido Res Publica(RP)14Andrus Ansip(1956– )12 de abril de 200526 de marzo de 2014Partido da Refoma Estoniano(ER)PresidenteToomas Hendrik Ilves(2006-2016)15Taavi Rõivas(1979– )26 de marzo de 201423 de novembro de 2016Partido da Refoma Estoniano(ER)PresidenteKersti Kaljulaid(2016-2021)16 Jüri Ratas(1978– ) 23 de novembro de 2016 26 de xaneiro de 2021 Partido do Centro(K)17 Kaja Kallas(1977– ) 26 de xaneiro de 2021 23 de xullo de 2024 Partido da Refoma Estoniano(K)Alar Karis (2021-)18centro|senmarco|104x104pxKristen Michal23 de xullo de 2024no cargoPartido da Refoma Estoniano(K)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Presidente de Estonia Xefes de Estado e Goberno actuais
Categoría:Primeiros ministros de Estonia Categoría:Listas de personalidades da política