Hot Snakes foi unha banda estadounidense de post-hardcore liderada por Rick Froberg e John Reis, formada no ano 1999 en San Diego, California. Reis e Froberg actuaran anteriormente xuntos en Pitchfork e Drive Like Jehu, despois do cal Reis fundou a exitosa banda Rocket from the Crypt. Hot Snakes separouse no ano 2005 pero reuniuse en 2011.
Aínda que compartía semellanzas musicais cos previos proxectos dos seus membros, Hot Snakes tiña un son moito máis primario que o de Pitchfork, Drive Like Jehu ou incluso Rocket from the Crypt. Reis e Froberg tamén estaban fortemente influenciados por bandas como The Wipers, Suicide e Michael Yonkers Band, e esas influencias déronlle a Hot Snakes un son distintivo que foi descrito como "hardcore garage punk". As gravacións e a mercadotecnia do grupo foron realizadas seguindo a filosofía "Do it Yourself", con Froberg encargándose da parte da arte e Reis editando o material a través do seu selo, Swami Records.
Froberg morreu o 30 de xuño de 2023 aos 55 anos de idade poñendo fin a Hot Snakes.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloAutomatic Midnight2000Swami RecordsSuicide Invoice2002Swami RecordsAudit in Progress2004Swami RecordsJericho Sirens2018Sub Pop Records
EPs ÁlbumAnoSeloPeel Sessions2005Swami Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de San Diego Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais formados en 1999