é unha personaxe ficticia da franquía Neon Genesis Evangelion, creada por Gainax. Ela é a directora de operacións de NERV, initialmente co rango de capitá, aínda que posteriormente é ascendida a comandante. En Rebuild of Evangelion, o rango de Misato é de tenente coronel. Os seus deberes en NERV inclúen actuar como comandante de campo para os pilotos dos Evas, emitindo ordes e retransmitindo estratexias de batalla, así como procesando información de Ritsuko Akagi e dos técnicos que monitorizan os Evas.
Ó comezo da serie, Misato leva a Shinji Ikari até NERV e é quen de convencelo de que sexa o piloto do Eva Unidade 01. Posteriormente elixe acoller a Shinji na súa casa para que non teña que vivir só, e despois tamén acolle a Asuka Langley Soryu. A medida que progresa a serie, descobre a través do seu examante Ryoji Kaji a verdade sobre o Proxecto de Complementación Humana, así como os enganos argallados por NERV e SEELE para manter o Proxecto en segredo, mesmo dela.
Véxase tamén
Outros artigos Lista de personaxes de Neon Genesis Evangelion Bibliografía
Categoría:Personaxes de Neon Genesis Evangelion