Threskiornis é un xénero de aves da orde dos pelecaniformes da familia dos tresquiornítidos e subfamilia dos tresquiornitinos.Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan & C. L. Wood. (2010): The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology.Peterson, A. P. (2010): Birds of the World - current valid scientific avian names.

Inclúe cinco especies vivas de ibis do Vello Mundo que habitan no sur de Asia, Australasia e na África subsahariana,Ver Threskiornis na IOC World Bird List. Versión 9.2 (2019) do Congreso Ornitolóxico Internacional. e unha máis, non voadora, extinguida no século XVIII.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1842 polo naturalista inglés George Robert Gray, irmán do máis famoso John Edward Gray,"Gray, George Robert (1808–1872)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. na súa obra A list of the genera of birds Ed.2, Appendix p. 13.Wikispecies.

Etimoloxía O nome científico Threskiornis está formado pola raíz do adxectivo do grego antigo θρῆσκος, thrẽskos, "relixioso", "devoto", e o nome ὄρνις órnis, "paxaro", "ave".R. S. P. Beekes & Lucien Van Beek (2009): Leiden, Netherlands: Brill Netherlands. ISBN 978-9-0041-7418-4.

Especies e subespeces Na actualidade, a maioría dos autores recoñecen no xénero as especies seguintes,Threskiornis G. R. Gray, 1842 no ITIS.Clements, J. F. (2012): The Clements Checklist of Birds of the World. Ithaca, NY, USA: Cornell University Press.BirdLife International (2016): Threskiornis bernieri na Lista vermella da UICN.Madagascar Sacred Ibis. Threskiornis bernieri (Bonaparte 1855) na EOL. coas subespecies que se indican.Threskiornis G. R. Gray, 1842. Especies e subespecies no ITIS.

Threskiornis G. R. Gray, 1842 Threskiornis aethiopicus (Latham, 1790) Threskiornis bernieri (Bonaparte, 1855) Threskiornis bernieri abbotti (Ridgway, 1893) Threskiornis bernieri bernieri (Bonaparte, 1855) Threskiornis melanocephalus (Latham, 1790) Threskiornis molucca (Cuvier, 1829) Threskiornis molucca molucca (Cuvier, 1829) Threskiornis molucca pygmaeus Mayr, 1931 Threskiornis solitarius ¡ (Selys-Longchamps, 1848) Threskiornis spinicollis (Jameson, 1835)

Porén, algúns autores considean que Threskiornis bernieri (Bonaparte, 1855), de Madagascar, que está en perigo de extinción, é unha subespecie do ibis sagrado, (Threskiornis aethiopicus bernieri).

Características Os ibis adultos do xénero Threskiornis miden normalmente uns 75 cm de longo e teñen a plumaxe de corpo branca. A cabeza, o pescozo e as patas (espidas) son negras. A peteiro é groso e curvado. Ambos os sexos son semellantes, pero os inmaturos teñen o pescozo máis branco.

Threskiornis spinicollis difire das outras especies por ter as partes superiores escuras, polo que algúns autores sitúano nun xénero separado, Carphibis (Jameson, 1835), como Carphibis spinicollis.Jobling, J. A. (2019): Key to Scientific Names in Ornithology. En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E., eds.: Handbook of the Birds of the World Alive. Volume 1. Ostrich to Ducks Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.

Bioloxía Habitan en zonas húmidas pantanosas e aliméntanse de diversas especies de peixes, anfibios, crustáceos e insectos.

Son criadores coloniais que constrúen un niño de pau nunha árbore ou nun arbusto no que depositan de dous a catro ovos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E., eds. (1992): Handbook of the Birds of the World Alive. Volume 1. Ostrich to Ducks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8. Lowe, Kim W. & Richards, Geraldine C. (1991): "Morphological variation in the Sacred Ibis Threskiornis aethiopicus superspecies complex". Emu 91 (1): 41–45.

Outros artigos Pelecaniformes Tresquiornítidos

Ligazóns externas Threskiornis. Sacred ibis and relatives na ADW. Threskiornis Gray, G. R. 1842 ne EOL.

Categoría:Pelecaniformes