José Doval García, coñecido como José García, nado en París o 17 de marzo de 1966, é un actor de cine e humorista galego-francés, unha das grandes estrelas do cine francés.

Deuse a coñecer na televisión en Francia durante os anos 90 e saltou á fama no cine coa comedia de 1997, La Vérité si je mens !, dirixida por Thomas Gilou e coas súas secuelas. Actuou en máis de 60 películas, a maioría comedias, como Jet Set (2000), A andrómena (2002) ou Le Mac (2010). Ten aparecido en filmes de directores destacados como Costa-Gavras, Luc Besson, Jean-Jacques Annaud, Régis Wargnier ou Carlos Saura. Aínda que a maior parte da súa carreira a desenvolveu en Francia, tamén traballou noutros países como España (GAL, El séptimo día), os Estados Unidos (Now You See Me) ou Bélxica (Le vélo de Ghislain Lambert).

Tamén traballou como actor de dobraxe, poñendo a voz entre outros a Alex, personaxe principal de Madagascar e as súas secuelas, ou a Mushu, da saga de Mulan.

Foi nomeado aos Premios César e recibiu o premio Chano Piñeiro e a Calpurnia de Honra do Festival Internacional de Cine de Ourense.

Traxectoria

Infancia e formación José García naceu en París, fillo de pais inmigrantes galegos (procedentes do Carballiño) que deixaron a súa Galicia natal nos anos 50 obrigados pola pobreza. Traballaron en hoteis particulares do XVI Distrito de París, súa como cociñeira e seu pai como mordomo. José ten a dobre nacionalidade, francesa e española. Os seus pais escolléronlle o nome de José polo cantante Joselito.

Fixo un ciclo de formación profesional de contabilidade, e realizou o servizo militar no rexemento de tanques do 4º rexemento de dragóns de Mourmelon (Marne) antes de emprender o camiño dos seus soños: converterse en actor de cine. Á idade de 20 anos, comezou un curso de dous anos de interpretación no Cours Florent de París con Francis Huster como profesor. Completou a súa formación na escola de circo Annie Fratellini (onde coñeceu á súa futura esposa Isabelle Doval) e cursou estudos no en Francia.

Debut e revelación televisiva (1989-1997) miniatura|José García (á dereita) e Bruno Gaccio no plató de Nulle part ailleurs no Festival de Cannes de 1996. Comezou no cine en 1989 en pequenos papeis nos filmes Romuald e Juliette, Élisa e Beaumarchais, l'insolent. Tamén participou como cómico na gravación de audiolibros para a compañía Livraphone.

Fixo diferentes traballos pequenos en paralelo antes de ser contratado como condutor de sala para o talk show Nulle part ailleurs de Canal + presentado por Philippe Gildas e Antoine de Caunes, aos quen se uniu durante sete anos para interpretar sketchs cómicos.

Consolidación no cine (1997-2001) Deixou o programa en 1997, ano do lanzamento da exitosa película La Vérité si je mens !, comedia na que se caricaturizaba a un grupo de amigos xudeus do barrio do Sentier de París, dirixido por Thomas Gilou . Xogea Smerge Benamou xuo a Richard Anconina, Bruno Solo, Richard Bohringer e Élie Kakou . O seu rendemento en dita comedia valeulle unha candidatura como mellor actor revelación nos Premios César de 1997.

Ao ano seguinte, foi o protagonista da comedia La Mort du Chinois, escrita e dirixida por Jean-Louis Benoît. A película pasou case desapercibida. Intentouno de novo en 1999 con Cinq minutes de détente, escrita e dirixida por Tomas Romero. O mesmo ano, probou no drama con Extension du domaine de la lutte, unha adaptación da novela homónima de Michel Houellebecq dirixida por Philippe Harel.

No ano 2000, interpretou un papel secundario no suspense En face, protagonizado por Jean-Hugues Anglade, así como na comedia dramática Les Frères Sœur con Denis Podalydès. Pero foi na comedia popular e con personaxes pintorescos cos que se conseguiu consolidar. Interpretou a Mellor Da Silva na sátira sobre o mundo da farándula Jet Set, dirixida por Fabien Onteniente. Continuou nese rexistro en 2001, retomando o seu papel de Serge Benamou na secuela La Vérité si je mens ! 2, outra vez coa dirección de Thomas Gilou. Tamén foi secundario de Benoît Poelvoorde na comedia Le Vélo de Ghislain Lambert, o que lle permitiu reencontrarse con Philippe Harel. Outro reencontro, este con Antoine de Caunes, deuse na realización do suspense fantástico Les Morsures de l'aube.

Ese mesmo ano, foi galardoado co Premio Jean-Gabin ao mellor actor revelación do cine francés.

Diversificación (2002-2007) No 2002, uniuse a Poelvoorde para a comedia de acción A andrómena, dirixida por Alain Berberian e Frédéric Forestier. Encarnou a Mustapha Amel, tamén coñecido como "O turco". Tamén ese ano interpretou a Lois XIV na película de capas e espada Blanche, coescrito e dirixido por Bernie Bonvoisin. Finalmente, compartiu o cartel da comedia dramática Quelqu'un de bien con Patrick Timsit, tamén director. Neste filme interpretou de forma notable a canción Prisencoli Nensinainciusol de Adriano Celentano, interpretación que logo foi editada como sinxelo.

En 2003 continuou nesta liña ao protagonizar unha comedia dramática de inspiración biográfica dirixido pola súa muller Isabelle Doval, titulado Rire et Châtiment. O mesmo ano, compartiu cartel nunha comedia de Pierre Salvadori, Après vous, con Daniel Auteuil e Sandrine Kiberlain. En 2004 protagonizou a secuela de Jet Set, titulada People, dirixida de novo por Fabien Onteniente e apareceu en El séptimo día, do director aragonés Carlos Saura, inspirada no Masacre de Puerto Hurraco. Ao ano seguinte protagonizou a sátira Le Couperet, de Costa-Gavras, e La Boîte noire, dirixida por Richard Berry, e prestou a súa voz para o filme animado Madagascar.

O ano 2006 coprotagonizou a comedia romántica Quatre étoiles con Isabelle Carré e tivo o papel protagonista do filme español GAL, de Miguel Courtois, sobre a "guerra sucia" dos GAL contra ETA. Tamén puxo a súa voz no filme Arthur et les Minimoys, de Luc Besson. No 2007, Régis Wargnier dirixiu a película de Pars vite et reviens tard, onde José interpretaba ao comisario Jean-Baptiste Adamsberg. Despois traballou ás ordes de Jean-Jacques Annaud en Sa Majesté Minor.

En novembro recibiu no Teatro Colón da Coruña o Premio Chano Piñeiro, "en recoñecemento ao seu labor no ámbito da interpretación, valorando especialmente a calidade da súa obra e a súa significación como achega sobresaínte ao audiovisual galego".

En 2008 apareceu no filme Astérix aux Jeux Olympiques, película que adaptaba con actores reais as historietas de Astérix.

Protagonista de comedias (anos 2010) miniatura| O actor en 2012 na estrea en París de La Vérité si je mens ! 3. Non foi ata 2010 que volveu protagonizar unha comedia: Le Mac de Pascal Bourdiaux. A película totalizou un millón e medio de entradas vendidas. En 2011 tivo o papel principal da película Chez Gino, primeira incursión na comedia do actor, escritor e director Samuel Benchetrit. En 2012 completou a triloxía que o deu a coñecer con La Vérité si je mens ! 3, que volveu reunir o exitoso equipo de Thomas Gilou. Logo apareceu na comedia deportiva Les Seigneurs, do director Olivier Dahan.

Ao ano seguinte, Michael Youn, dirixiuno na súa segunda película, a sátira Vive la France. O mesmo ano, apareceu no segundo filme dirixido pola súa parella, Isabelle Doval, Fonzy, un remake do éxito quebequés Starbuck, de Ken Scott. Finalmente, tivo un pequeno papel no blockbuster estadounidense Now You See Me, do francés Louis Leterrier.

Despois de dous anos de ausencia nas pantallas, encadeou dúas comedias en 2016, Tout schuss, de Stéphan Archinard e François Prévôt-Leygonie, e À fond, de Nicolas Benamou O mesmo ano, tamén tivo un papel secundario no suspense británico, Bastille Day, dirixido por Idris Elba. Finalmente volveu a un cine máis ambicioso e aos papeis secundarios, como secundario de Isabelle Huppert na comedia independente Ms. Hyde, escrita e dirixida por Serge Bozon. Logo compartiu o cartel da comedia dramática Lola e os seus irmáns con Jean-Paul Rouve e Ludivine Sagnier.

O ano 2019 comezou coa saída da comedia coral de Pascal Thomas À cause des filles?..., e logo coa comedia Chamboultout de Eric Lavaine, compartindo protagonismo con Alexandra Lamy. Finalmente, uniuse ao elenco da comedia Nous finirons ensemble, sexta longametraxe de Guillaume Canet, e secuela da exitosaLes Petits Mouchoirs, de 2010.

En outubro de 2019, recibiu a Calpurnia de Honra do Festival Internacional de Cine de Ourense.

Filmografía

Cine

1989: Romuald et Juliette de Coline Serreau: o reparador do ascensor 1993: Le Tronc de Karl Zéro e Bernard Faroux 1994: Le Jour J, curtametraxe de Denis Malleval 1995: Élisa de Jean Becker: un pasaxeiro de taxi 1995: Beaumarchais, l'insolent de Édouard Molinaro: Figaro 1996: Caméléone de Benoît Cohen: Le flic 1996: La Vérité si je mens ! de Thomas Gilou: Serge Benamou 1997: Les Démons de Jésus de Bernie Bonvoisin: Bruno Piacentini 1997: Tout doit disparaître de Philippe Muyl: o detective Colle 1998: La Mort du Chinois de Jean-Louis Benoît: Michel Passepont 1998: Les Grandes Bouches de Bernie Bonvoisin: Felix 1999: Extension du domaine de la lutte de Philippe Harel: Tisserand 1999: Que la lumière soit ! de Arthur Joffé: O xornalista 1999: Comme un poisson hors de l'eau de Hervé Hadmar 1999: Cinq minutes de détente de Tomas Romero: Philippe Pabst 2000: En face de Mathias Ledoux: Hugo 2000: Jet Set de Fabien Onteniente: Mellor da Silva 2000: Les Frères Sœur de Frédéric Jardin: Charlie Sœur 2001: La Vérité si je mens ! 2 de Thomas Gilou: Serge Benamou 2001: Les Morsures de l'aube de Antoine de Caunes: Caniveau 2001: de Claire Denis: Choart 2001: Le Vélo de Ghislain Lambert de Philippe Harel: Claude Lambert 2002: A andrómena de Alain Berberian e Frédéric Forestier: Mustapha Amel alias «O turco» 2002: Blanche de Bernie Bonvoisin: Louis XIV 2002: Quelqu'un de bien de Patrick Timsit: Paul 2003: Rire et Châtiment de Isabelle Doval: Vincent Roméro e Jean-Pierre alias Eric Sanchez 2003: Après vous de Pierre Salvadori: Louis 2004: People de Fabien Onteniente (secuela de Jet Set): John John 2004: Le Rôle de sa vie de François Favrat: el mesmo 2004: Utopía de María Ripoll: comandante 2005: Le Couperet de Costa-Gavras: Bruno Davert 2005: De qui me moque-je ?, curtametraxe de Matthieu Maunier-Rossi: agricultor francés 2005: El séptimo día de Carlos Saura (El 7º Dia) - José Jimenez 2005: La Boîte noire de Richard Berry: Arthur Seligman 2006: Quatre étoiles de Christian Vincent: Stéphane Lachesnaye 2006: GAL de Miguel Courtois: Manuel Mallo 2007: Pars vite et reviens tard de Régis Wargnier: comisario Jean-Baptiste Adamsberg 2007: Sa Majesté Minor de Jean-Jacques Annaud: Minor 2008: Astérix aux Jeux Olympiques de Frédéric Forestier e Thomas Langmann: Couverdepus 2009: Un homme et son chien de Francis Huster: home do tranvía 2010: Le Mac de Pascal Bourdiaux: Ace / Gilbert Chapelle 2011: Chez Gino de Samuel Benchetrit: Gino Roma 2012: La Vérité si je mens ! 3 de Thomas Gilou: Serge Benamou 2012: Les Seigneurs de Olivier Dahan: Patrick Orbéra 2013: Vive la France de Michaël Youn: Muzafar 2013: Now You See Me de Louis Leterrier: Étienne 2013: Fonzy de Isabelle Doval: Diego Costa 2016: Tout schuss de Stéphan Archinard, François Prévôt-Leygonie: Max Salinger 2016: de James Watkins: Victor Gamieux 2016: À fond de Nicolas Benamou: Tom 2017: Madame Hyde de Serge Bozon: Pierre Géquil 2018: Lola e os seus irmáns de Jean-Paul Rouve: Pierre 2019: À cause des filles?... de Pascal Thomas: Daniel Leibovitz 2019: Chamboultout de Eric Lavaine: Frédéric 2019: Nous finirons ensemble de Guillaume Canet: William

Televisión

Documental

2014: Le Chercheur inquiet de Avril Tembouret: El mesmo

Dobraxe

Discografía

2002: Prisencoli (extracto de Quelqu'un de bien)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial de José García . José García na IMDb.

Categoría:Nados en París Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1966 Categoría:Participantes nos Enfoirés Categoría:Humoristas de Francia