Samuel Moore Walton, nado en Kingfisher (Oklahoma) o 29 de marzo de 1918 e finado en Little Rock (Arcansas) o 5 de abril de 1992, foi un home de negocios e empresario estadounidense, coñecido por fundar as tendas Walmart e Sam's Club. Wal-Mart Stores Inc. creceu ata converterse na maior empresa do mundo por beneficios, ademais do maior empregador privado do mundo. Nun momento da súa vida, foi a persoa máis rica dos Estados Unidos.

Traxectoria miniatura|250px|Tenda "WALTON’S 5 & 10" que Sam e súa esposa administraban en Bentoville Na época de estudante, Samuel foi elixido como o rapaz mais versátil e converteuse en presidente do corpo de estudantes. Formouse en economía no ano 1940. O seu socio e irmán máis novo James (alcumado "Bud") formouse na academia militar.

A primeira experiencia dos Waltons foi como empregados nunha tenda de Oklahoma, coñecida como DuPont. A primeira tenda dos Waltons foi unha franquía rede Ben-Franklin, na cidade de Newport en 1945. Bud e súa esposa Audie asociáronse con Sam e a súa esposa Helen durante un ano, ata compraren a súa propia tenda. O matrimonio Walton transformou a tenda, que operaba con prexuízos nunha das maiores unidades da rede Ben Franklin en Arcansas. Vendo o éxito en 1949, o propietario que alugaba o inmoble para os Waltons pediuna de volta.

Os Waltons mudáronse a Bentonville, unha pequena cidade na montaña Ozark. En 1951, o matrimonio pasou a administrar unha pequena tenda de variedades e de baixo volume, co nome Walton's 5 & 10. Entre 1951 e 1962, Sam percorreu varios outros tipos de negocios (concorrentes como K-Mart). O concepto da empresa K-Mart era simple: mercadorías de prezos baixos con calidade e con énfase no autoservizo. Isto levou a Sam a considerar un novo tipo de concepto: as tendas de descontos.

Entón, Sam e o seu irmán Bud, decidiran fundar o Wal-Mart en 1962, coa abertura da súa primeira tenda na cidade de Rogers, Arcansas, co nome de Wal-Mart Discount City.

Dous anos despois da súa fundación, a rede xa contaba con 24 tendas e unha facturación de 12,6 millóns de dólares.

Falecemento Walton faleceu o 5 de abril de 1992 de mieloma múltiple, un tipo de cancro de ósos, en Little Rock. As novas do seu pasamento foron transmitidas por satélite a todas as 1960 tendas Walmart. Nese momento, a compañía tiña 380 000 empregados.

Os seus restos están enterrados no cemiterio de Bentonville. Legou a propiedade de Walmart á súa esposa e os seus fillos: Rob Walton secedeu o seu pai como presidente de Walmart, e John Walton foi o director ata a súa morte en 2005 nun accidente aéreo.

Vida privada Walton casou con Helen Robson o 14 de febreiro de 1943. Tiveron catro fillos: Samuel Robson (Rob) nado en 1944, John Thomas (1946–2005), James Carr (Jim) nado en 1948, e Alice Louise nada en 1949. Walton apoiou varias causas de caridade. Helen e mais el eran activos na Primeira Igrexa Presbiteriana de Bentonville; Sam serviu como presbítero e profesor da escola dominical, dando clases a estudantes de instituto. A familia fixo importantes contribucións á congregación.

Legado En 1998, Walton foi incluído pola revista Time na lista das 100 persoas máis influentes do século XX. en Wayback Machine Walton foi recoñecido polo seu traballo na venda polo miúdo en marzo de 1992, un mes antes da súa morte, cando recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade por parte do presidente George H. W. Bush.

Forbes considerou a Sam Walton a persoa máis rica dos Estados Unidos entre 1982 e 1988, en que cedeu o posto a John Kluge cando os editores comezaron a considerar a fortuna de Walton repartida entre el e os seus catro fillos.

Na Universidade de Arcansas, a Escola de Negocios (Sam M. Walton College of Business) recibe o seu nome. Walton foi incluído no Junior Achievement U.S. Business Hall of Fame en 1992.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Fishman, C. (2006). The Wal-Mart Effect: How the World's Most Powerful Company Really Works--and HowIt's Transforming the American Economy. Penguin. Marquard, W. H. (2007). Wal-Smart: What it really takes to profit in a Wal-Mart world. McGraw Hill Professional.

Ligazóns externas at Wayback Machine Week Sam Walton: The King of the Discounters agosto 8, 2004 Sam M. Walton College of Business, University of Arkansas Voices of Oklahoma interview, Chapters 12-16, with Frank Robson. First person interview conducted on 2 de novembro de 2009, with Frank Robson, brother-in-law of Sam Walton.

Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América