Ab'ul Hasan Yamīn ud-Dīn Khusrau (, ), nado en Patiyali en 1253 e finado en Delhi en 1325, foi un músico, poeta e estudoso indio sufí coñecido como Amīr Khusrow Dehlavī. Foi unha figura icónica da historia cultural de Asia meridional. Foi un místico e discípulo espiritual de Nizamuddin Auliya de Delhi, India. Escribiu poesía principalmente en persa, mais tamén en hindustano. Un vocabulario en verso, o Ḳhāliq Bārī, que contén vocábulos en árabe, persa e hindustano adoita serlle atribuído. Khusrow ás veces é chamado a "voz da India" ou o "papagaio da India" (Tuti-e-Hind), e foi chamado o "pai da literatura urdú".
Khusrow é considerado o "pai do qawwali" (forma de música devocional dos sufís do subcontinente indio), e introduciu o estilo ghazal de cancións na India, ambas as formas aínda existentes na India e Paquistán.Regula Burckhardt Qureshi, Harold S. Powers. Sufi Music of India. Sound, Context and Meaning in Qawwali. Journal of the American Oriental Society, Vol. 109, No. 4 (Out. – Dec. 1989), páx. 702–705. . Khusrow foi un experto en moitos estilos da poesía persa que se desenvolveron na Persia medieval, dende os qasidas de Khāqānī aos khamsas de Nizami. Empregou once esquemas métricos con 35 divisións diferentes. Escribiu en moitas formas de versos, incluíndo ghazal, masnavi, qata, rubai, do-baiti e tarkib-band. A súa contribución ao desenvolvemento do ghazal foi significativo.
Legado miniatura|Manuscrito ilustrado dun dos poemas de Amir Khusrow Amir Khusrow foi un prolífico poeta clásico asociado coas cortes reais de máis de sete gobernantes do sultanato de Delhi. Escribiu moitas adiviñas divertidas, cancións e lendas que pasaron a formar parte da cultura popular do sur de Asia. As súas adiviñas son unha das formas poéticas máis populares en hindavi na actualidade. É un xénero que inclúe dobres sentidos e xogos de palabras. Innumerables adiviñas do poeta pasaron a través da tradición oral durante sete séculos. Mediante a súa produción literaria, Khusrow representa unha das primeiras personaxes indias rexistradas cunha auténtica identidade multicultural ou plural. Os músicos consideran a Khusrow como o creador de seis estilos de música: qaul, qalbana, naqsh, gul, tarana e khyal, mais non hai suficiente evidencia sobre iso.
As supostas relacións de Amir Khusrow con tarana son máis fondas. Unha das lendas máis persistentes da música hindustana conta o encontro entre Amir Khusrow, entón asociado coa corte de Ala ud-Din Khalji, e Gopal Nayak, músico da corte de Devagiri. Ala ud-Din mandou a Gopal Nayak que se presentase no Raga Kadambak durante seis tardes. Durante a actuación, Khusrow xacía agachado baixo o trono do emperador, e furtivamente absorbia todo o que Nayak cantaba. O sétimo día, asombrou a todos os presentes reproducindo todo o que presentara Gopal Nayak. Porén, como non podía seguir a lingua de Nayak, substituíu o texto das composicións por sílabas sen sentido, e así naceu o tarana.Willard 1834: 121:
Desenvolvemento do hindavi Khusrow escribiu principalmente en persa. Moitos versos en hindustano (historicamente coñecido como hindavi) son atribuídos a el, aínda que non existe evidencia da súa composición por Khusrow antes do século XVIII.Khusrau's Hindvi Poetry, An Academic Riddle? Yousuf Saeed, 2003 A lingua dos versos hindustanos parece ser relativamente moderna. Tamén escribiu unha balada de guerra en panxabí. Ademais, falaba árabe e sánscrito. A súa poesía aínda se canta nos santuarios sufís da India e Paquistán.
Obras miniatura|Páxina ilustrada do Hasht-Bihisht, Metropolitan Museum of Art Tuhfat us-Sighr ("O agasallo da infancia"), 1271: primeiro divan de Khusrow, que contén poemas compostos entre os dezaseis e os dezaoito anos. Wast ul-Hayat ("A metade da vida"), 1279: segundo divan de Khusrow. Qiran us-Sa’dain ("Encontro de dúas estrelas favorables"), 1289: primeiro masnavi de Khusrow, que detalla o histórico encontro entre Bughra Khan e o seu fillo Muiz ud-Din Qaiqabad despois dunha longa inimizade. Miftah ul-Futuh ("Chave ás vitorias"), 1290: segundo masnavi de Khusrow, como eloxio das vitorias de Jalal ud-Din Firuz Khalji. Ghurrat ul-Kamaal ("O cumio da perfección"), 1294: poemas compostos entre os 34 e os 41 anos. Khaza'in ul-Futuh ("Os tesouros das vitorias"), 1296: detalle das obras construtivas, as guerras e os servizos administrativos de Ala ud-Din Khalji. Khamsa-e-Khusrow ("Khamsa de Khusrow"), 1298: quinteto (khamsa) de cinco masnavis: Matla ul-Anwar, Khusrow-Shirin, Laila-Majnun, Aina-e-Sikandari e Hasht-Bihisht. Saqiana: masnavi que contén o horóscopo de Qutb ud-Din Mubarak Shah Khalji. Duval Rani - Khizr Khan ("Duval Rani e Khizr Khan"), 1316: traxedia sobre o matrimonio da princesa Duval Rani co fillo de Ala ud-Din Khalji, Khizr Khan. Nuh Sipihr ("Nove ceos"), 1318: masnavi sobre o reinado de Qutb ud-Din Mubarak Shah Khalji, que inclúe percepcións vívidas da India e da súa cultura. Ijaz-e-Khusravi ("Os milagres de Khusrow"): selección de prosa en cinco volumes. Baqia-Naqia ("Remanentes de pureza"), 1317: compilado por Khusrow aos 64 anos. Afzal ul-Fawaid ("A maior das beizóns"), 1319: obra de prosa que contén as ensinanzas de Nizamuddin Auliya. Tughlaq Nama ("Libro dos Tughlaqs"), 1320: masnavi histórico do reinado da dinastía Tughlaq. Nihayat ul-Kamaal ("O cénit da perfección"), 1325: compilada probablemente por Khusrow unhas poucas semanas antes da súa morte. Ashiqa: Khusrow paga un brillante tributo á lingua hindi e fala das súas ricas cualidades.Ashiqa É un masnavi que describe a traxedia de Deval Devi. A historia foi apoiada por Isaami. Qissa Chahar Dervesh ("O conto dos catro dervishes"): dastan contado por Khusrow a Nizamuddin Auliya.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía E.G. Browne. Literary History of Persia. (Catro volumes). 1998. Jan Rypka, History of Iranian Literature. Reidel Publishing Company. ASIN B-000-6BXVT-K R.M. Chopra, "The Rise, Growth And Decline of Indo-Persian Literature", Iran Culture House New Delhi and Iran Society, Kolkata, 2nd Ed. 2013. Sunil Sharma, Amir Khusraw: Poets of Sultans and Sufis. Oxford: Oneworld Press, 2005. Paul Losensky and Sunil Sharma, In the Bazaar of Love: Selected Poetry of Amir Khusrau. New Delhi: Penguin, 2011. R.M. Chopra, "Great Poets of Classical Persian", Sparrow Publication, Kolkata, 2014, Important Works of Amir Khusrau (Complete) The Khaza'inul Futuh (Treasures of Victory) of Hazarat Amir Khusrau of Delhi English Translation by Muhammad Habib (AMU). 1931. Poems of Amir Khusrau The History of India, as Told by Its Own Historians: The Muhammadan Period, by Sir H. M. Elliot. Vol III. 1866-177. page 523-566. Táríkh-i 'Aláí; or, Khazáínu-l Futúh, of Amír Khusrú The History of India, as Told by Its Own Historians: The Muhammadan Period, by Sir H. M. Elliot. Vol III. 1866-177. Page:67-92. "Great Poets of Classical Persian" de R. M. Chopra, Sparrow Publication, Kolkata, 2014, ()
Ligazóns externas Original Persian poems of Amir Khusrow at WikiDorj, free library of Persian poetry
Categoría:Nados en Uttar Pradesh Categoría:Nados en 1253 Categoría:Finados en 1325 Categoría:Escritores da India Categoría:Escritores en lingua persa Categoría:Músicos da India Categoría:Escritores en lingua hindi