Caddy Adzuba, nada en Bukavu o 5 de abril de 1981 é unha avogada, xornalista e activista polos dereitos das mulleres congolesa. O seu foco principal é a loita contra a violencia sexual na República Democrática do Congo.

Traxectoria Caddy Adzuba é a máis vella de oito irmáns nados nun barrio adiñeirado de Bukavu. Graduouse en dereito pola Universidade de Bukavu en 2005.

Segundo a rede IFEX, grupo de organizacións que defenden a liberdade de expresión no mundo, Adzuba decidiu traballar na promoción dos dereitos humanos cando a guerra a botou do seu fogar con dezaseis anos. Despois de ser separada da súa familia e ser testemuña do sufrimento das persoas, "decidiu facer algo polos dereitos humanos".

Axudou a fundar a rede Un Altavoz para el Silencio, dando conta da violencia sexual contra as mulleres no seu país. Tamén é membro da Asociación de Mulleres dos Medios do Congo Oriental. Caddy Adzuba tamén foi unha das fundadoras da Women's Alliance for the Promotion of Human Rights.

Traballa como xornalista en Radio Okapi, canal de radio oficial da misión das Nacións Unidas na República Democrática do Bongo. A loita contra a tortura e a violación continúa a ser unha das súas prioridades, motivo polo que recibiu ameazas de morte.

Premios Premio Internacional de Xornalismo Julio Anguita Parrado (2009). Premio Internacional á "Muller do Ano", premiado con 35 000 euros polo Consello Rexional do Val de Aosta (2012). Premio Príncipe de Asturias da Concordia (2014).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Caddy Adzuba Fighting Sexual Atrocity in Africa

Categoría:Nados na República Democrática do Congo Categoría:Nados en 1981 Categoría:Xornalistas da República Democrática do Congo Categoría:Activistas da República Democrática do Congo Categoría:Avogados Categoría:Premios Princesa de Asturias da Concordia