«Oui, oui, oui, oui» (; en galego: «Si, si, si, si») é unha canción escrita por Pierre Cour e Hubert Giraud interpretada en francés por Jean Philippe. Lanzouse como EP e sinxelo en 1959 mediante Barclay Records. Foi elixida para representar a Francia no Festival de Eurovisión de 1959 tras gañar unha final nacional francesa.
Festival de Eurovisión 1959
Selección «Oui, oui, oui, oui» participou nunha final nacional organizada pola emisora francesa Radiodiffusion-Télévision Française. Foi a gañadora, cualificandose para representar a Francia no Festival de Eurovisión 1959.
No festival A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada polo cantante francés Jean Philippe. A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.
Foi interpretada en primeiro lugar, precedendo a Dinamarca con Birthe Wilke interpretando «Uh, jeg ville ønske jeg var dig». Ao final das votacións, a canción recibiu 15 puntos, obtendo o terceiro posto de 11.
Formatos e listaxe de cancións
Posición en listas Lista (1959) Mellor posición (Ultratop 50 Singles de Valonia) 6 (Institut français d'opinion publique) 1 (Single Top 100) 13 Lista (1960) Mellor posición (Institut français d'opinion publique) 22
Historial de lanzamento Rexión Data Formato Discográfica Ref. Marzo de 1959 Disco de vinilo 7" EP de 45 RPM Barclay Records Agosto de 1959 Disco de vinilo 7" de 45 RPM 1959 Sinxelo en disco de vinilo 7" de 45 RPM Artone Disco de vinilo 7" EP de 45 RPM Felsted Records Sinxelo en disco de vinilo de 45 RPM Barclay Records
Versións En 1959, o director Franck Pourcel gravou a canción coa súa orquestra. En 1959, a cantante Teddy Scholten, gañadora do Festival de Eurovisión 1959, gravou unha versión en neerlandés co título «Oui, oui, oui». En 1959, as cantantes Alice e Ellen Kessler, representantes de Alemaña no Festival de Eurovisión 1959, gravaron a canción. En 1959, o cantante Jean-Paul Mauric, representante de Francia no Festival de Eurovisión 1961, gravou a canción. En 1959, a cantante italiana Mina gravou unha versión en italiano.
Notas
Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1959 Categoría:Sinxelos de 1959 Categoría:Cancións de Eurovisión 1959 Categoría:Cancións de Francia en Eurovisión