«Uh, jeg ville ønske jeg var dig» (en galego: «Oh, desexaría ser ti») é unha canción composta por Otto Lington e interpretada en dinamarqués por Birthe Wilke. Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Philips Records. Foi elixida para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1959.

Festival de Eurovisión 1959 miniatura|esquerda|Birthe Wilke (dereita), intérprete da canción, con Gustav Winckler en 1957. Selección «Uh, jeg ville ønske jeg var dig» cualificouse para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1959.

No festival A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada pola cantante dinamarquesa Birthe Wilke. A orquestra foi dirixida por Kai Mortensen.

Foi interpretada en segundo lugar, seguindo a Francia con Jean Philippe interpretando «Oui, oui, oui, oui» e precedendo a Italia con Domenico Modugno interpretando «Piove». Ao final das votacións, a canción recibiu 12 puntos, obtendo o quinto posto de 11.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dinamarca no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua dinamarquesa Categoría:Cancións de 1959 Categoría:Sinxelos de 1959 Categoría:Cancións de Eurovisión 1959 Categoría:Cancións de Dinamarca en Eurovisión