«Mon ami Pierrot» (en galego: «Amigo meu Pierrot») é unha canción composta por Florence Veran e interpretada en francés por Jacques Pills. Foi elixida para representar a Mónaco no Festival de Eurovisión de 1959 tras ser seleccionada internamente pola emisora monegasca Télé Monte-Carlo.
Festival de Eurovisión 1959 miniatura|esquerda|Jacques Pills (centro), intérprete da canción, en 1945. Selección «Mon ami Pierrot» foi seleccionada para representar a Mónaco no Festival de Eurovisión 1959 pola emisora monegasca Télé Monte-Carlo.
No festival A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada polo cantante francés Jacques Pills. A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.
Foi interpretada en cuarto lugar, seguindo a Italia con Domenico Modugno interpretando «Piove» e precedendo aos Países Baixos con Teddy Scholten interpretando «Een beetje». Ao final das votacións, a canción recibiu 1 punto, obtendo o undécimo posto (último) de 11.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mónaco no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1959 Categoría:Cancións de Eurovisión 1959 Categoría:Cancións de Mónaco en Eurovisión