«Giorgio» é unha canción composta por Paul Burkhard e interpretada en alemán e italiano por Lys Assia. Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante Decca Records. Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1958 tras ser seleccionada internamente pola emisora suíza SRG SSR.

Festival de Eurovisión 1958

miniatura|esquerda|Lys Assia interpretando a canción durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1958. Selección «Giorgio» foi seleccionada para representar a Suíza no Festival de Eurovisión 1958 pola emisora suíza SRG SSR.

No festival A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada pola cantante suíza Lys Assia. A orquestra foi dirixida por Paul Burkhard, compositor da canción.

Foi interpretada en décimo lugar, seguindo a Austria con Liane Augustin interpretando «Die ganze Welt braucht Liebe». Ao final das votacións, a canción recibiu 24 puntos, obtendo o segundo posto de 10.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Suíza no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Cancións en lingua italiana Categoría:Cancións de 1958 Categoría:Sinxelos de 1958 Categoría:Cancións de Eurovisión 1958 Categoría:Cancións de Suíza en Eurovisión